PODCAST · music
Tempada 2 - Folk in Trío
by folkintrio
Cuac FM é unha emisora de radio comunitaria que emite dende 1996 no dial 103.4 da cidade da Coruña, dende 2006 na web www.cuacfm.org, e dende 2011 en diversas aplicacións para dispositivos móviles, no Google Play, na Apple Store e no Nokia OVI.
-
20
Folk in Trío - 20 de Xullo 12 - Garrulaxe de Cecebre
Chegaron os membros de Garrulaxe de Cecebre a presentarnos as súas actividades de anviersario.
-
19
Folk in Trío - Programa 40.2 - Imos para o Festival de Lorient!
Anunciamos que imos ó Festival Interceltique de Lorient a facer unha emisión diaria: http://folkintrio.blogspot.com.es/2012/06/folk-in-trio-estara-retransmitindo-o.html
-
18
Folk in Trío - Programa 38.2 - A Cova Céltica
Visitounos Pedriño da Cova para falarnos desta coñecida taberna sita na Rúa do Orzán 82, anécdotas, música... de todo un pouco.
-
17
Folk in Trío - Programa 37.2 - Charla con Alberto Jambrina e novas
Falamos con Alberto Jambrina do proxecto "Arbolito Florido" co que o dúo Jambrina y Madrid Folk. Logo, un ratiño de tertulia sobre varios temas.
-
16
Folk in Trío - Programa 35.2 - Balakandra
Chegan estes compañeiros de San Sadurniño a presentarnos o seu primeiro traballo discográfico!
-
15
Folk in Trío - Programa 36.2 - Moitas novidades!
Por exemplo, falamos do festival AO SON DO MASMA, logo escoitamos o adianto do novo disco "Mar Maior" de LUAR NA LUBRE e tamén tivemos unha tertulia sobre o festival de Ortigueira tras os cambios que pretenden facer en Morouzo. Falamos con Ilde ó final que nos contou unhas cousas ben interesantes.
-
14
Folk in Trío - Programa 34.2 . XI Premios Opinión con Óscar Losada
Presentamos a undécima edición dos Premios Opinión con Óscar Losada, o que fai posible que se fagan. Todas as categorías (mellor disco, mellor artista e mellor canción) con música dos candidatos e moito máis. Falamos brevemente con Óscar Fdez. do concerto de Os Cempés do domingo en Melide.
-
13
Folk in Trío - Programa 33.2 - Treixadura e adianto de Os Cempés
Falamos con Xaquín Xesteira do concerto de Treixadura en A Coruña e escoitamos en exclusiva un adianto ne "Tentemozo", o novo disco de Os Cempés.
-
12
Folk in Trío - Programa 32.2 - Quempallou
Chegan os Quempallou para presentarnos "Vellas Novas", o seu último traballo discográfico con selo de Zouma Records.
-
11
Folk in Trío - Programa 30.2 - Foliada de Melide 2012
Pois si, non queda nada para a Foliada de Melide 2012, un fin de semana no que esta vila coruñesa se enche de música tradicional, non a perdas!
-
10
Folk in Trío - Programa 29.2 - Santa Semana de descanso...
Pero no programa estivemos, coa compaña de David Fdez., pasamos un anaco uns e outros entre música, tocatas... aí queda.
-
9
Folk in Trío - Programa 27.2 - Xtramonio
Chegaron dende Madrid ata Cuac FM para presentarnos o seu traballo os XTRAMONIO
-
8
Folk in trío - Programa 26.2 - St. Patrick's Day
Programa adicado ao día do San Patricio, música irlandesa a esgalla. Tamén sorteamos 3 discos de Agustín Sánchez. Coa colaboración do noso compañeiro Brais de Milesios.
-
7
Folk in Trío - Programa 25.2 - Agustín Sánchez
"Pezas de aquí e acolá" é o nome do primeiro disco do gaiteiro Agustín Sánchez, tocado integramente por el, quen tamén o gravou e masterizou, todo un artista!
-
6
Folk in Trío - Programa 24.2 - Heredeiros da Crus (Tonhito de Poi) e adianto de Quempallou
Falamos con Tonhito de Poi da volta ós escenarios dos grandes Heredeiros da Crus e tamén escoitamos o adianto do novo traballo discográfico de Quempallou.
-
5
Folk in Trío - Programa 23.3 - Celtibeerian e moitas novas.
Chegamos ó grupo de folk metal de Cidade Real CELTIBEERIAN, e logo tivemos unha chea de novidades que contarvos, como a listaxe de finalistas dos Premios Opinión, na que tivemos a sorte de participar como xurados; Runas 2012 no Festival de Ortigueira; Curso de música e baile no Conservatorio de Fingoi... non o perdades!
-
4
Folk in Trío - Programa 22.2 - O Chupacabras
Presentamos o novo disco de "O Chupacabras" con nome de Tradiphonías e falamos coa Asociación Vagalume de Alcalá de Henares presentándonos o seu curso de baile.
-
3
Folk in Trío - Programa 21.2 - Leilía, Arruando con Serxio Cobos, memoria de XM Seivane...
Leilía, Arruando con Serxio Cobos, memoria de XM Seivane...
-
2
Folk in Trío - Programa 20.2 - Volve un gran gaiteiro... Roberto!
Pois si, logo de dous anos sen tocar por un accidente laboral, Roberto volve a tocar gracias á adaptación dos punteiros que lle realizou o obradoiro Lis Latas.
-
1
Folk in Trío - Programa 19.2 - Quique Peón (estrea de Alendacroa) e Uxía (Cantos na Maré).
Hoxe dividimos o programa para falar primeiro con Uxía en directo dende Pontevedra da programación dos Cantos na Maré 2012 e logo con Quique Peón sobre a estrea a vindeira semana da segunda produción da súa compañía, o espectáculo ALENDACROA.
-
0
Folk in Trío - Programa 18.2 - Luar na Lubre e Dorothé Schubarth
Primeiro programa do ano, no que falamos con Bieito Romero do futuro de Luar na Lubre coa presentación de Paula Rey como nova vocalista do grupo. No Arruando, entrevista a Dorothé Schubarth.
-
-1
Folk in Trío - Programa 17.2 - Berrogüetto (e Fernando Neira)
Charlamos con Xabier Díaz e Fernando Neira da biografía de Berrogüetto, "O pulso da terra", que a Editorial Galaxia editou para conmemorar os quince anos de historia do grupo. Ademáis da biografía, un fantástico CD e DVD.
-
-2
Folk in Trío - Programa 16.2 - VAI e Mamá Cabra
Presentamos dous proxectos, un deles recén estreado, trátase do VAi trio, formado por tres antigos compoñentes de Fía na Roca (falamos con Xosé Ramón). Despois falamos con Gloria, a cantante de Mamá Cabra do novo traballo do grupo e tamén de quen son, aínda que seguro que moitos xa os coñecededes.
-
-3
Folk in Trío - Programa 15.2 - Vaamonde, Lamas & Romero
Visitáronnos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde para presentar o segundo disco do trío Vaamonde, Lamas & Romero que leva o nome de "O tambor de prata".
-
-4
Folk in trío - Programa 13.2 "Muxarega"
Chegados dende As Pontes, os compoñentes de Muxarega presentaron en Folk in trío o seu traballo discográfico "Oito Soños"
-
-5
Folk in Trío - Programa 12.2 - Culturgal 2011 (conversa con Sergio Lago) e Arruando con Luis Prego
Moitos contidos. Comezamos falando da programación do Culturgal na edición 2011 que terá lugar entre o 2 e o 4 de Decembro en Pontevedra. Entra a falar con nós o seu director Sergio Lago. Logo, emitimos o Arruando con Luis Prego.
-
-6
Folk in Trío - Programa 11.2 - Milesios
Chegan dende Mondriz (Lugo) os Milesios presentando a súa maqueta, tocando en directo... unha festa en Cuac FM!
-
-7
Folk in Trío - Programa 10.2 - Assembly Point
Pois si, estiveron de novo con nós os compañeiros Fer, Luis e Eoghan. Un galego, un portugués e un galego unidos para facer boa música.
-
-8
Folk in trío - Programa 9.2 - Arruando con Xosé Maceda e música de Sondeseu
Nova edición do Arruando, desta volta con Xosé "do Incio", ou Xosé Maceda, como prefirades. Ademáis escoitamos o último traballo de Sondeseu.
-
-9
Folk in Trío - Programa 8.2 - Óscar Losada e Pedro Lamas (Premios Opinión)
Fantástica conversa con Óscar Losada e Pedro Lamas dos Premios Opinión 2011. Sorteamos cinco entradas para os mesmos da man dos Assembly Point.
-
-10
Folk in Trío - Programa 7.2 - Xícara e Arruando con Pichi Abollado
Un programa máis, xa estamos a mediados do segunddo mes desta segunda tempada.
-
-11
Folk in trío - Programa 6.2 - Asociación Tempo Novo
Estivemos coa asociación Tempo Novo de Elviña. Falamos das súas actividades, das súas aulas, do alumnado e das súas foliadas e como non, tamén disfrutamos da súa música en directo.
-
-12
Folk in Trío - Programa 5.2 - Marta Quintana e Arruando con Guillerme Ignacio Costa
Conversa coa arpista Marta Quintana onde nos presentou o seu traballo discográfico "Amable" e Arruando con Guillerme Ignacio Costa, coñecido por moitos.
-
-13
Folk in Trío - Programa 4.2 - Circio
Falamos con compoñentes de Circio sobre o seu traballo "Baile de soños" parte do espectáculo dese mesmo nome. Tamén con Xosé Oliveira do que ven para Moxenas Musical Galego.
-
-14
Folk in Trío - Programa 3.2 - Berros do Castro
Terceiro programa da tempada, coa compaña de Ramón e Bruno de Berros do Castro, que veñen de presentar o seu disco "Eirexado s/n". Falamos tamén con Miguel de CaTaLmiBre tradicionaL que fan o sábado 17 unha festa en O Burgo.
-
-15
Folk in Trío - Programa 2.2 - Talabarte e Arruando con Cástor Castro
Presentamos con Quim Farinha o CD de Talabarte e ademáis estreamos o Arruando coa entrevista de Javier Garaloces a Cástor Castro.
-
-16
Folk in Trío - Programa 1.2 - Presentación Arruando e Os Cempés!
Comezamos forte a tempada, coa compaña de grandes amigos. Javier Garaloces preséntanos "Arruando", a nova sección de FiT, e temos tamén a Os Cempés logo da súa volta. Desfrutádeo!
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Cuac FM é unha emisora de radio comunitaria que emite dende 1996 no dial 103.4 da cidade da Coruña, dende 2006 na web www.cuacfm.org, e dende 2011 en diversas aplicacións para dispositivos móviles, no Google Play, na Apple Store e no Nokia OVI.
HOSTED BY
folkintrio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...