PODCAST · technology
Todos os podcast | Lambóns dixitais
by AGalegaAudio
Todos os podcast do programa de actualidade tecnolóxica da Radio Galega
-
95
Lambóns dixitais 21-04-2026
O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia organiza unha charla sobre ciberseguridade, solucións e ferramentas para pemes da economía social. Vaina impartir o enxeñeiro informático Adrián Vidal. Con el falamos sobre xestores de contrasinais ou sobre como compartir información en rede de xeito seguro. Javi Mos comenta como a curto prazo podemos atopar publicidade nos LLM, os modelos de linguaxe de gran tamaño da intelixencia artificial. Tamén anuncia que Google Photos ofrece a posibilidade de retocar automaticamente as fotos que arquivemos. Marcus Fernández fálanos do próximo lanzamento dunha consola que supuxo unha revolución hai 35 anos, a Neo Geo AES+
-
94
Lambóns dixitais 07-04-2026
O profesor da psicoloxía social da Universidade de Santiago Antonio Rial Boubeta advírtenos sobre algúns dos riscos que supón usar a IA indiscriminadamente. Rial cre que algúns pais confían excesivamente na Intelixencia Artificial cando consultan cousas relativas aos seus fillos. Tamén pensa que lle estamos entregando inconscientemente demasiados datos privados e alerta sobre o risco de facernos IA dependentes outorgándolle a estas ferramentas máis credibilidade e confianza da que debemos. Falamos tamén da campaña da Organización Médica Colexial contra as falsas terapias e tratamentos coas que os creadores de contido sementan as redes sociais. Javi Mos anunica a intención de OpenIA de crear unha "superaplicación" que reuna tódolos servizos de IA. Comentamos o ciberataque do que foi vítima a infraestructura na nube da Comisión Europea e explicamos o que son as "froitonovelas".
-
93
Lambóns dixitais 17-03-2026
Conversamos cun especialista na relación da infancia coas novas tecnoloxías, o economista e experto en IA Enrique Javier Benítez. Marcus Fernández fálanos dun cambio trascendental en Europa no sistema de clasificación dos videoxogos por idades. Tamén nos presenta o DLSS5 de Nvidia, un salto na tecnoloxía gráfica dos videoxogos. Javi Mos advírtenos de que Meta eliminará o cifrado de extremo a extremo nas mensaxes de Instagram e de que haberá que pagar por preguntarlle a Grok en X.
-
92
Lambóns dixitais 10-02-2026
A empresa coruñesa Aruma Studios lanza o videoxogo "Shadows of the afterland". O seu fundador, Rubén López, cóntanos todo o que debemos saber sobre esta aventura. Javi Mos cóntanos que o tiktoker Khabi Lame vendeu a empresa que xestiona a súa marca e actividades comerciais por 800 millóns de dólares. O comprador poderá desenvolver un xemelgo dixital do influencer. Javi tamén comenta as ganancias de Meta do ano pasado, máis de 200 mil millóns de euros. Marcus Fernández confírmanos que o agardado xogo GTA 6 estará dispoñible o 19 de novembro para PS5 e XBox. Ademais falamos do ataque de Pavel Durov, o propietario de Telegram, contra o presidente do goberno español despois do anuncio de que se prohibirá o acceso dos menores de 16 anos ás redes sociais en España.
-
91
Lambóns dixitais 03-02-2026
A responsable de Avatares, Carmen Fernández Morante, explícanos polo miudo en que consiste este proxecto que poñen en marcha a Xunta e a USC para mellorar a atención educativa ao alumnado ingresado en centros sanitarios. Comentamos o anuncio do presidente do goberno, Pedro Sánchez, de que España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos. Decubrimos as razóns polas que Elon Musk une nunha mesma empresa as súas divisións espacial e de intelixencia artificial.
-
90
Lambóns dixitais 27-01-2026
Neste programa conversamos cun experto en intelixencia artificial, asistentes de IA e ChatGPT. O finés Lasse Rouhiainen é cofundador da Unidade ELLIS de Alicante, unha fundación destinada á investigación en intelixencia artificial centrada nos seres humanos. Javi Mos comenta o estudo piloto que realizará a Universidade de Santiago para que os cativos que estén hospitalizados poidanparticipar nas clase coa axuda dun robot. Marcus Fernández explícanos o que é Molt Bot, un asistente de IA de código aberto que permite realizar tarefas directamente no noso ordenador. Ademáis falamos da decisión da BBC de preparar contidos específicos para Youtube.
-
89
-
88
Lambóns dixitais 18-11-2025
Analizamos as consecuencias da caída experimentada por Cloudflare, a plataforma que utilizan X ou Chat GPT para filtrar o seu tráfico web e previr ataques. Javi Mos comenta o informe da USC sobre "Infancia, adolescencia e benestar dixital", un estudo que desvela que o 10% dos menores recoñecen sufrir ciberacoso, que o 40 por cento dispoñen de móbil aos 10 anos e que moitos acceden ao porno nas redes a esa idade. Marcus Fernández anuncia que Valve vai lanzar a Steam Machine, un ordenador personalizado que serve de consola, e cóntanos ademais que a revista Game Informer volve editarse en papel. Tamén falamos da multa que a CNMV lle impuxo a X por acoller publicidade de entidades ilegais que promoven calotes financieiros.
-
87
Lambóns dixitais 11-11-2025
Neste programa coñecemos o proxecto Talentos Inclusivos. O seu coordinador, Javier Pereira, explícanos como o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da UDC e ASPACE traballan para espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os máis novos e dar a coñecer a realidade da discapacidade. Javi Mos cóntanos como a IA xa é quen de organizar as portadas dos medios dixitais para que gañen audiencia. Marcus Fernández fálanos dos problemas laborais da empresa Rockstar Games que están provocando retrasos no lanzamento do videoxogo Grand Theft Auto 6.
-
86
Lambóns dixitais 04-11-2025
Para saber máis sobre SINTE, o Foro Inernacional de Arte e Cultura Dixital que se desenvolverá en Compostela, falamos co seu coordinador, Xulio Vázquez, e coa Directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura. Probamos Pomelli, unha IA que crea de xeito autónomo anuncios para calquera negocio. Javi Mos comenta a noticia de que Samsung introducirá anuncios nas súas neveiras intelixentes. Marcus Fernández fálanos do superlativo crecemento de Nvidia. Abordamos a polémica suscitada pola decisión de Coca Cola de crear o seu anuncio de Nadal con IA.
-
85
Lambóns dixitais 28-10-2025
O fundador de Makers Galicia, Enrique Saavedra, fálanos da XI edición da Maker Faire, un encontro que reune empresas, investigadores e profesionais para compartir coñecementos no eido da innovación e a sustentabilidade. Explicamos que é a AEO, a Answer Engine Optimization, a técnica para conseguir que a IA lle de preferencia aos contidos que desexamos. Ademais contamos por que as institucións están optando por reducir o investimento publicitario en redes e optando de novo polos medios tradicionais.
-
84
Lambóns dixitais 21-10-2025
Iago Gordillo preséntanos Pixel á Feira, o primeiro Salón Galego do Videoxogo, que se desenvolverá no Pazo de Congresos de Compostela. Explicamos como funciona Comet, un navegador impulsado por IA que se pode descargar de balde. Marcus Fernández cóntanos que a plataforma Tinder xa ten versión en galego e comenta o "apagón" sufrido polos servizos na nube de Amazon. Xavi Mos desvélanos que Chat GPT se prepara para funcionar como rede social e que China lle vai esixir aos influencer que acrediten formación nas materias das que falan.
-
83
Lambóns dixitais 14-10-2025
O convidado do programa é José Manuel Martínez Pérez, o fundador de Mobify, unha aplicación de móbil galega que permite alugar vehículos híbridos en moitos puntos da nosa comunidade. Ademais, Javi Mos comenta o descenso do uso das redes sociais e os cambios que a IA pode provocar na publicidade en internet. Marcus Fernández descúbrenos a ferramenta PictureMe, que nos permite retocar os nosos retratos fotográficos, e repasa dous eventos que se desenvolveron este mes en Galicia, o Xuventude Galicia Net Intermax e os Ecommerce Days de Pontevedra.
-
82
Lambóns dixitais 07-10-2025
O noso convidado é Carlos Vieito, politólogo e experto en comunicación dixital, que nos fala do seu premiado videopodcast "Exército Mekemeke". Con el comentamos tamén as dificultades para conseguir que as plataformas incorporen o idioma galego. Explicamos como vai afectar a lei audiocisual aos influentes. Os que teñan millóns de seguidores terán que declarar os ingresos publicitarios cando superen os 300 mil euros. Javi Mos preséntanos LoveArt.ai, unha web que permite editar imaxes de balde con intelixencia artificial. Marcus Fernández descubre un teléfono español que bloquea o acceso ás redes sociais.
-
81
Lambóns dixitais 23-09-2025
Conversamos con Gabi García, un mestre de infantil que elabora vídeos en galego con milleiros de seguidores en redes. Falamos do aumento dos suicidios de menores como consecuencia do uso das redes sociais. Xavi Mos comenta a perda de influencia dos influencers. Marcus Fernández preséntanos os Gemini Stickers e anuncia o próximo lanzamento dunha versión do Football Manager de fútbol feminino. Ademais analizamos a integración de Gemini no navegador Chrome e a alianza entre Open IA e Nvidia.
-
80
Lambóns dixitais 16-09-2025
Entrevistamos a Esteban Vázquez, director xeral de Tesla Technologies, unha empresa compostelá que acaba de presentar un proxecto que revoluciona a personalización de contidos nas retransmisións deportivas. Javi Mos fálanois da iniciativa da Xunta de impulsar unha lei sobre acoso e violencia dixital. Comentamos a noticia de que o 30 por cento dos menores españois acceden a portais de apostas deportivas. Marcus Fernández presenta as novidades de Apple e a aplicación de móbil creada para que os pais controlen o uso que fan os seus fillos da PlayStation.
-
79
Lambóns dixitais 09-09-2025
Falamos con Carlos Lijó, un dos creadores de Carmucha VST, a primeira ferramenta galega de percusión libre, accesible e de balde que permite achegar os ritmos tradicionais á percusión moderna. Javi Mos alértanos sobre a proliferación nas redes de perfís xerados por IA que ofrecen información falsa ou pouco rigorosa. Ademais danos chaves para identificar avatares que semellan persoas reais. Marcus Fernández preséntanos a ferramenta Paint a place e comenta o éxito do videoxogo Hollow Knight Silksong.
-
78
Lambóns dixitais 02-09-2025
As novidades e a actualidade tecnolóxica do mundo cibernético da man de Carlos García Verdugo, Marcus Fernández e Javi Mos. Nesta primeira entrega coa entrevista a Abel Alves, creador da webserie O bunker
-
77
Lambóns dixitais 03-06-2025
Conversamos con Ramón Santos, responsable dunha pequena mercería da Coruña, "La Crisálida", que consegue millóns de visualizacións nas redes sociais. Javi Mosd cóntanos como unha empresa estafou a centos de persoas promocionándose a través de influencers. Dani Portela fálanos da saida ao mercado da Nintendo Switch 2 e do comezo do Summer Game Fest. Marcus Fernández explícanos como podemos instalar o whatsapp nun IPAD.
-
76
Lambóns dixitais 29-04-2025
A radio e a televisión públicas de Galicia seguiron funcionando durante as horas en que o noso pais perdeu a subministración eléctrica. Iván Nogueira explícanos que medios técnicos se utilizaron para fgacelo posible. Marcus Fernández suxire aparellos que podemos incluir no noso kit de supervivencia e Dani Portela enumera videoxogos que evocan un mundo sen enerxía.
-
75
Lambóns dixitais 22-04-2025
Marcus Fernández explícanos como utilizar IA para crear música. Javi Mos fálanos do custo económico que supón "ser educado" nas nosas interactuacións nas redes ou coa IA. Tamén comenta o intento de TikTok de competir con Google incorporando reseñas de localizacións e a inclusión das verificacións de contas en BlueSky. Dani Portela fálanos da remasterización do xogo Oblñivion para XBox e do lanzamento dun novo xogo da Guerra das Galaxias.
-
74
Lambóns dixitais 08-04-2025
Entrevistamos a Sara Pérez Lantes, unha das organizadoras da Atlantic Games Conference que se desenvolveu en Carballo. Analizamos polo miudo a nova Nintendo Switch 2 e o seu prezo. Xavi Mos explícanos como Google está tentando eliminar as recensións falsas de establecementos comerciais e da proposta de TikTok para os artistas. Marcus Fernández proba no seu móbil utilidades da Intelixencia Artificial.
-
73
Lambóns dixitais 01-04-2025
Javi Mos desvélanos que datos recollen as redes sociais dos nosos móbiles (dende crenzas políticas ou relixiosas ata estatísticas de saúde pasando por cualificacións crediticias). Falamos da posibilidade de que, grazas á IA, os contidos de internet sexan traducidos a calquera idioma. Dani Portela ofrécenos un anticipo da presentacion da Nintendo Switch 2. Marcus Fernández cóntanos como podemos ter o DNI no móbil.
-
72
Lambóns dixitais 25-03-2025
A avogadas Elisa Branco axúdanos a entender o que é a ciberresiliencia. Comentamos con Javi Mos e Marcus Fernández a metedura de pata dos altos cargos do goberno estadounidense que incorporaron nun chat de Signal a un xornalista. Analizamos a pretensión de Instagran de crear "comunidades". Avanzamos os contidos da futura lei de protección de menores na contorna dixital. Falamos do lanzamento do xogo Assassins Creed Shadows.
-
71
Lambóns dixitais 18-03-2025
Daniel Portela, Javi Mos e Marcus Fernández desvélannos cales son as plataformas de comercio en liña con máis clientes en España. Tamén nos advirten dos riscos que corremos se utilizamos as redes sociais durante a xornada laboral, anuncian os videoxogos de colección que están saíndo ao mercado e comentan as medidas que adopta Meta para eliminar a moderación nas súas redes.
-
70
-
69
Lambóns dixitais 04-03-2025
Con Marcus Fernández e Javi Mos repasamos as novidades da última edición do Mobile World Congress de Barcelona. Comentamos a proxima desaparición de Skype, a presentación de Alexa Plus e a estrea da película Grand Theft Hamlet.
-
68
Lambóns dixitais 25-02-2025
Entrevistamos a Manuel Otero, un dos artífices de Devmo, un estudo galego de desenvolvemento de videoxogos para que nos fale do seu proxecto "The pet squad". Javi Mos cóntanos os últimos pasos dados pola administración española para protexer á infancia en internet. Marcus Fernández comenta a estratexia de Apple de incrementa-los prezos da súa liña máis barata. Ademáis presentamos os videoxogos "Monster Hunter Wild" e "Sayonara Wild Hearts".
-
67
-
66
-
65
-
64
Lambóns dixitais 07-01-2025
Javi Mos fálanos da estratexia de Meta de crerar perfís de IA que interactúen cos usuarios das redes sociais e repasa a actualidade de X, Blueskay e Telegram. Dani Portela avanza os videoxogos que sairán ao mercado este ano. Marcus Fernández comenta as novidades presentadas na maior feira tecnolóxica do mundo que se desenvolveu en Las Vegas.
-
63
-
62
The Economics of Prepping
While people who “prep” for disaster (called preppers) are ridiculed by political elites and their media, their actions are perfectly rational. In this article, economist Mark Thornton explains why prepping for natural disasters makes economic sense.Original article: The Economics of Prepping
-
61
-
60
Lambóns dixitais 05-11-2024
Debatemos sobre o rol desenvolvido polas redes sociais na DINA de Valencia. Falamos das "vantaxes" da Play Station 5 Pro. Preguntámonos se ten futuro o sistema "game pass" implantado por Microsoft para acceder aos seus xogos. Presentamos a iniciativa da editorial Xerais de publicar audio-libros
-
59
Lambóns dixitais 22-10-2024
Unha empresa galega, D3 Applied Technologies, está detrás do deseño hidrodinámico e aerodinámico dun dos competidores na Copa América de Vela. Falamos co seu CEO, Gonzalo Redondo. Coñecemos a Alex González, o creador do primeiro videoxogo galego que se comercializou, "The Wall".
-
58
Lambóns dixitais 15-10-2024
No programa de hoxe Javi Mos fálanos das atrocidades que se poden ver nas redes e dos efectos sicolóxicos que causan nos moderadores de contidos de Meta ou TikTok. Javi Portela preséntanos o "Alarmo" de Nintendo e con Marcus Fernández saberemos en que consiste o E-Alert, o sistema que lle permite ás autoridades enviarnos mensaxes de alerta aos nosos móbiles.
-
57
Lambóns dixitais 08-10-2024
No programa de hoxe Javi Mos fala dos esforzos da administración española por limita-los discursos de odio nas redes. X e Facebook son as máis reticentes a retirar mensaxes denunciadas por este motivo. Dani Portela avalía a nova edición do xogo de terror "Silent Hill". Marcus Fernández comenta a sentenza que obriga a Google a aceptar, en EE.UU., que na súa propia plataforma Google Play haxa tendas de aplicacións xestionadas por terceiros.
-
56
Lambóns dixitais 01-10-2024
Neste programa Javi Mos comenta un estudo da OMS que analiza o grao de adicción dos adolescentes europeos ás redes sociais. Dani Portela presenta os novos xogos para a Play Station 5 e fala dos seus trailers. Marcus Fernández subliña a depreciación da rede X dende que a mercou Elon Musk e revélanos o proxecto no que traballa Meta: unhas lentes con IA que ten sorprendentes aplicacións.
-
55
Lambóns dixitais 24-09-2024
Rocío Fernández, unha das organizadoras do "Lérez up", cóntanos todo o que ofrece este salón do videoxogo e a cultura friki. O noso colaborador Dani Portela comenta os plans de futuro de EA Sports, a división de xogos deportivos de Electronic Arts. A empresa baralla xa cobrarlle a clubes e xogadores por aparecer nos seus xogos. Javi Mos desvela as novas funcionalidades que lle ofrece Meta aos anunciantes e Marcus Fernández repasa o estado das batallas legais entre X e Brasil e Apple e a Unión Europea.
-
54
Lambóns dixitais 17-09-2024
Entrevistamos á enxeñeira de sistemas María Sierra, unha das responsables da oficina en Galicia da consultoría SDGroup. Os nosos colaboradores Marcus Fernández, Javi Mos e Dani Portela analizan as prestacións e o prezo da Play Station 5 Pro, fálannos do xogo "O escudeiro valente", descúbrennos a nova aplicación Stik e infórmannos sobre as novas alianzas entre empresas de telecomunicacións en España.
-
53
Lambóns dixitais 10-09-2024
Marcus Fernández comenta os últimos episodios das batallas xudiciais que manteñen Telegram co estado francés e Elon Musk con Brasil. Ademáis analiza os últimos produtos lanzados por Apple: o Apple Watch series 10 e os Air Pods 4. Tamén nos fala do novo dron de DJI. Dani Portela ofrécenos a súa experiencia de xogo con Astro Bot e Space Marine.
-
52
Lambóns dixitais 03-09-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías
-
51
Lambóns dixitais 19-06-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías
-
50
Lambóns dixitais 12-06-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías.
-
49
Lambóns dixitais 05-06-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías
-
48
Lambóns dixitais 22-05-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías
-
47
Lambóns dixitais 08-05-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías.
-
46
Lambóns dixitais 24-04-2024
Programa especializado en novas tecnoloxías.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Todos os podcast do programa de actualidade tecnolóxica da Radio Galega
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...