EPISODE · Jul 13, 2026 · 0 MIN
100. O último, parvo! | Conxecturas | José Antonio Martínez
from PrestoCast · host José Antonio Martínez
This is episode 101 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on July 13, 2026. You can leave text and audio comments at this link. Luns, 13 de xullo. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Viaxemos á Francia de 1790. Dise que Maximilien Robespierre propuxo o lema "Liberdade, Igualdade, Fraternidade". Á liberdade e á igualdade, principios ilustrados centrais nas ideas da Francia revolucionaria, e do resto das futuras revolucións liberais, uniulle o concepto de Fraternidade, xa que esta, entendida como a solidariedade e a unión do pobo, era a terceira pata, imprescindible, para o triunfo dos ideais revolucionarios. Pode que te pareza un lema desfasado, mais hoxe pensei nel. Grazas á Ilustración e ao liberalismo, podemos hoxe exercer a nosa liberdade e reclamar a nosa igualdade ante a lei. Coñecemos ben os nosos dereitos e buscamos que se respecten. Mais algo non funciona se non atendemos á fraternidade, ou sororidade, á busca do ben común, a defender os dereitos dos outros, como o facemos cos nosos. Non sei se Robespierre xa intuía que non ter presente o ben común convertía os ideais ilustrados no berro tan común dos xogos infantís, "O último, parvo!". Hai quen tenta impor os seus dereitos sobre os demais. Xa se sabe, quen parte e reparte, leva a mellor parte!
Embed this episode
NOW PLAYING
100. O último, parvo! | Conxecturas | José Antonio Martínez
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.