EPISODE · Sep 2, 2026 · 0 MIN
114. 11 pulsacións | Conxecturas | José Antonio Martínez
from PrestoCast · host José Antonio Martínez
This is episode 115 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on September 2, 2026. You can leave text and audio comments at this link. Canto pesan as preocupacións que non te deixan descansar a cabeciña? Mércores, 2 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non sei se viches o filme 21 gramos, de Alejandro González Iñárritu. O título refírese á crenza que unha persoa, no momento de morrer, perde 21 gramos. Teoría sen base científica que, partiu dun médico estadounidense, que en 1907 defendeu que isto acontecía e que podería ser o peso da alma. As preocupacións, coma outros factores psicolóxicos, inflúen directamente no noso corpo, de xeito que se fala de doenzas psicosomáticas. Non hai que pórse enfermo para se detacar que todas esas preocupacións, emocións, estrés, están a ter un impacto no noso corpo. Corría eu tranquilamente, á beira do mar, mirando os paxaros e controlando as pulsacións co meu reloxio. Foi pórme a pensar en todo iso que se aveciña este mes, e alá se me dispararon, en concreto, 11 pulsacións. Fun consciente, e o pulso volveu baixar. Outra cousa é se as miñas preocupacións pesan pouco ou moito. A cabeciña non para!
Embed this episode
Ready to play
114. 11 pulsacións | Conxecturas | José Antonio Martínez
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.