EPISODE · Sep 7, 2026 · 0 MIN
117. Peaxes | Conxecturas | José Antonio Martínez
from PrestoCast · host José Antonio Martínez
This is episode 118 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on September 7, 2026. You can leave text and audio comments at this link. Tes algunha anécdota do teu primeiro día de traballo? Luns, 7 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Aprobas a oposición e preséntaste no instituto por estas datas, cando publican os destinos definitivos. Vas contento, por primeira vez vai traballar un ano enteiro, vas poder integrarte na dinámica dun centro educativo. Na porta coincides con outra docente, na miña situación, e cun sorriso debuxado na cara. Lévanvos coa xefa de estudos, que despois de presentarse, coméntavos sobre o voso horario, que acababa de repartir ao resto de compañeiros. Bueno, tedes algúns ocos no horario, e tamén tedes que vir á tarde do luns. Xa sabedes, é a peaxe que hai que pagar. Ostras, comentei, cría que entraba na función pública e resulta que estou accedendo a unha autoestrada. Non sería a única peaxe que pagaría ese ano.
Embed this episode
Ready to play
117. Peaxes | Conxecturas | José Antonio Martínez
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.