EPISODE · Sep 16, 2026 · 0 MIN
122. Criterios, normas e aprendizaxes | Conxecturas | José Antonio Martínez
from PrestoCast · host José Antonio Martínez
This is episode 123 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on September 16, 2026. You can leave text and audio comments at this link. Es dos que coñeces as normas e reclamas cando non se cumpren? Mércores, 16 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Ao principio de cada curso escolar explicámoslle ao alumnado os criterios de avaliación e cualificación da materia. Explicámolo e publicámolo por escrito, na aula virtual e na programación didáctica. Parece unha obviedade, mais non o é. Teñen que coñecer, desde o principio os instrumentos que imos utilizar para avaliar a materia e como vaise pór a nota. E non depende do que diga o profe, senón que ten que estar nun documento público que o alumnado e as familias podan consultar ao longo do curso. Que coñezan isto e que sexan quen de reclamar cando non se cumpra é unha das grandes aprendizaxes que podemos deixarlles. Non é un mero acto académico, é por en práctica que as normas son para todo o mundo, que ninguén está por riba delas, e que se estas se aplican mal, ou se modifican a gusto dunha das partes, o alumno ten dereito a reclamar. E isto vai máis alá da escola.
Embed this episode
Ready to play
122. Criterios, normas e aprendizaxes | Conxecturas | José Antonio Martínez
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.