Skip to content
1º Programa Entrelazados [II Temporada] episode artwork

Oct 21, 2015 59 min

1º Programa Entrelazados [II Temporada]

from Podcast de EntrelazadosRF

Este primeiro programa será unha toma de contacto coas novas seccións engadidas neste programa, tales coma o magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora de Ánxela Martínez Cortizas, nesta primeira edición da súa sección, escoitaremos o traballo de Kelly, Sara e Aroa sobre as Drogas e os efectos do seu consumo. Neste primeiro programa da segunda temporada, tamén teremos a estrea da sección Música de Brasil e Outras Terras a cargo de Eugenia Sanmartín, nova colaboradora do programa, toda unha honra, e que estará con nós ao vivo, todas as semanas, ou sempre que poida, para deleitarnos cos seus saberes musicais. Estrearemos a sección novas da bisbarra a cargo do novo colaborador Rubén Dopico (Directivo da A.C Fuco Buxán, Membro das Marchas da Dignidade, activista social entre outras atribucións) que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra. Todos estes contidos estarán amenizados pola música galega do V Festival de Cantareiras Mestura que tivo lugar o pasado día 3 de outubro en Meirás. Hoxe, escoitaremos un tema de Agrupación Folclórica e Cultural Donas e Galáns e outro dos cantareiros Os Carecos de Ortegal. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email [email protected], twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

1º Programa Entrelazados [II Temporada]

0:00 59:57

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast de EntrelazadosRF?

This episode is 59 minutes long.

When was this Podcast de EntrelazadosRF episode published?

This episode was published on October 21, 2015.

Can I download this Podcast de EntrelazadosRF episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.