EPISODE · Jun 5, 2024 · 1H 51M
A Galería 050624
from A Galería 2.0
#Destacadas: ♀️40´ Ademais da axenda deportiva desta semana, tivemos de convidado a Jorge Dios Rios, do Club Ciclista Estradense. Convidouno David Carballo, técnico do departamento de A Estrada Deporte para saber da situación do equipo e da #escoladeportiva na cal participan máis de oitenta persoas. 63´ O Concello A Estrada, dende #ServizosSociais, abriu ata o 17 deste mes o prazo para inscribirse nos #CampamentosDeVerán. Escoitamos á concelleira Amalia Goldar ♀️68´ Tamén dende a concellería de A Estrada Deporte, o seu titualar, Ismael Pena, falou para #ActualidadeMediodía, sobre a situación das #piscinas municipais e a #praia fluvial de #Liñares. 78´ Sabedes os contos da culler sopera ou o do peixe no dine? Manual de "Como #NON contar chistes" con #Gerundina. Quixo contar dous "y la lío". 87´ e 96´ Rapa Das Bestas publicou o cartaz do #RapaSons, ten á venda, "on line", as entradas para o curro e ademais, convócannos para a #SubidaÓPeón como mostra de rexeitamento ós proxectos de #parqueseólicos nos montes de #Sabucedo. Pepe Rodríguez falou co presidente Paulo Vicente. 103´ Temos concurso coa comisión Sanpaio2024 no cal regalamos #talonarios de 25 rifas para o sorteo dun #cruceiro polo río #Douro. Os mércores e os sábados pola mañán estarán na Sala Abanca, rúa Calvo Sotelo, con un punto de recollida de donativos. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 050624
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.