EPISODE · May 8, 2024 · 1H 49M
A Galería 080524
from A Galería 2.0
#Destacadas: 36´ COMPOSTELA ESGRIMA porá en marcha o vindeiro domingo no Concello A Estrada a LIGA GALEGA de ESPADA con exhibición, competicións... e si queres probar... habrá clase aberta para quen queira iniciarse. David Carballo, técnico de A Estrada Deporte, convidou a Adrian Penido. Soubemos ademais da axenda deportiva para esta semana. 57´ Falamos con Tonhito de Poi que será o protagonista do novo #parladoiro que propón A Estrada Cultura. Será mañán xoves no Teatro Principal A Estrada ás 20:30hrs. e estará moderado polo compañeiro Pablo García 72´ Onte presentouse a #LFestaSalmónAEstrada con cartel homenaxe á primeira edición, (1974), e unha chea de actividades deportivas, musicais, turísticas co #GastroTourUlla... e gastronómicas. Escoitamos ó alcalde do Concello A Estrada, Gonzalo Louzao Dono e ó concelleiro Oscar Duran 91´ "LE BOTO ORÉGANO?" Esto é o que lle preguntou unha traballadora do Mercadona #AEstrada á #MariSol, a curmá de #Gerundina, cando foi mercar dúas porcións de #pizza. #Gerundina, na seu ánimo de ilustrarnos, explicounos tamén de onde ven o nome desta empresa. Sabes cal é? 102´ E rematamos o programa sorteando unha nova pizza de Mr. Pizza A Estrada. Desta volta falamos da súa proposta para a degustación do salmón do domingo 19: #PizzaSalmónBlanca. Por certo, o premio de hoxe levouno David. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 080524
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.