EPISODE · Oct 11, 2022 · 1H 55M
A Galería 111022
from A Galería 2.0
#Destacadas: 74´Hoxe voltou pola #Galeria, Lucía López Ferradáns, con Abundanthia. Con ela seguimos aprendendo moito sobre educación financieira, economía familiar... a semana pasada preguntounos "para que queredes os cartos?", e hoxe, falounos e dounos unha pequena receita de 5 puntos básicos para poder alcanzar obxectivos. A vindeira semana explicaranos como elaborar o noso orzamento particular. https://www.abundanthia.es/ 31´O productor e comercializador de mazá de sidra, J. A. López Pampín, denunciou a rotura de sacas de almacenaxe en Moreira. Feitos que denunciou á Garda Civil. Contounos tamén, que a produción deste será da metade do habitual. 50´ #CáritasParroquialAEstrada xa ten a lotaría de nadal á venda en distintos comercios e hostaleria da Estrada. A súa presidenta, Mercedes Brea, fai tamén un chamamento á colaboración coa donación de alimentos, material escolar... e denuncia publicamente o abuso en cobro de comisións e gastos bancarios á súa entidade, (sin ánimo de lucro), por parte da empresa ABANCA. Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo.
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 111022
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.