EPISODE · May 16, 2024 · 1H 48M
A Galería 150524
from A Galería 2.0
#Destacadas: ♀️30´ David Carballo, dende A Estrada Deporte, convidou a deportista estradense Paula Pena, de 11 anos, e ó seu adestrador Enrique Ramilo. Ela, o mes pasado conseguiu a medalla de prata no campeonato nacional de natación e salvamento co Cns A Estrada, onde tamén conseguiron o record galego en relevos. 67´ No espazo mensual con Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, coñecemos a historia, contada en primeira persoa, de Miguel Ángel Hermida: un atropelo, dano cerebral, rehabilitación… E na fase de recuperación participaron profesionais como Marta Ferreiro, que nos contou como funciona o servizo de rehabilitación. 90´ O músico estradense Simón Couceiro Riveira recibirá o domingo un #SalmónDeOuro que lle entrega o Concello A Estrada na edición deste ano da Festa do Salmón, (domingo 19 no Teatro Principal A Estrada ). Falamos con el para felicitalo e preguntarlle pola estrea de #CarmeSempreTeu, un espectáculo de teatro musicado para o cal compuxo música a raíz do texto de Manuel Brey Villar e onde participan a Banda de Música Municipal da Estrada e a #EscolaMunicipalArtesEscénicas: venres 17 ás 20hrs, Teatro Principal A Estrada 100´ E Ivan levou a #hamburguesa que regalou Mr. Pizza A Estrada. Lembrade, sorteo diario aquí de pizza ou hamburguesa! Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 150524
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.