EPISODE · Jun 17, 2025 · 1H 47M
A Galería 170625
from A Galería 2.0
#Destacadas: ♀️O Ies Avelina Valladares celebrará esta tarde no Teatro Principal A Estrada, ás 17hrs., a novena edición da súa #RevistaViva con teatro, música, recordos do curso que xa remata... e como convidado terán ó actor e cómico Federico Pérez Rey. Ademais, presentarán oficialmente a nova imaxe corporativa do IES e que realizou Rosa de Cabanas. Falamos en primeiro lugar... 14´ ... coa directora do centro, Beatriz Quintela Rúa, que logo de 15 anos remata a súa etapa no Ies Avelina Valladares... 95´ ... e chamamos tamén a un dos profes organizadores da #RevistaViva, Román Cerqueiro Landín a a unha alumna, Paula Brea Brei que fará doblete esta tarde: presentadora e pandereteira. 36´ #ORuralEsquecido Acabamos tempada con Merche Nodar Sanmartin falando da festa do #SanXoán: orixes, tradicións... 57´#Gerundina Está preocupada porque como lle dixo a súa curmá Marisol, "os bombóns ó sol derrétense". 69´#OFaiadoDasPapoulas Ese é o título do novo poemario que asina Baia Fernandez, (coa participación de Cavalinho Do Demo Paula Pereira e Martinho Picallo), e que agora mesmo está en fase de financiamento. Si queres participar tes que seguir este enlace https://www.verkami.com/locale/gl/projects/40892-o-faiado-das-papoulas Baia explicounos como foi o proceso creativo deste "... libro de poesía intimista que abre xanelas a memorias da linaxe feminina. É como sandar con palabras cada doenza profunda." Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 170625
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.