EPISODE · Feb 21, 2024 · 1H 50M
A Galería 210224
from A Galería 2.0
#Destacadas: 31´Regalamos dúas entradas e... mañán outras dúas para o #FestivalInternacionalAcordeóns Concello de LALÍN. ⚽️39´No espazo semanal de A Estrada Deporte soubemos da axenda desta semana con David Carballo que dademais convidou a Xosé Manuel Calviño, coordinador e adestrador, para falar da situación do UD Estrada FS e do torneo para categorías base e senior que celebrarán o 15 e 16 de xuño. 65´"As seis centrais da rede de cobre que operan na Estrada cesarán definitivamente o seu servizo durante o segundo semestre de ano". Ou como dixo #Gerundina: "a partir de maio empezan a cortar os paus do teléfono". Afectará a Rubín, Carballeira, Souto de Vea, Codeseda, Berres e a vila da Estrada. Escoitamos o que nos contaba o alcalde do Concello A Estrada, Jose Lopez Campos, sobre este asunto. ⚕️ 79´O 2 e 3 de marzo, no Teatro Principal A Estrada, Tequexeteldere Af Tequexetéldere, #EMAE Escola Municipal de Artes Escénicas e Rosa de Cabanas, con música, teatro e ilustracións homenaxearán ó #médicodospobres: Manuel Reimóndez Portela. As entradas están xa dispoñibles nas oficinas de A Estrada Cultura. Escoitamos ó dramaturgo e director Santiago Cortegoso, ó concelleiro Juan Manuel Constenla Carbón, a ilustradora Rosa de Cabanas e a un dos netos do homenaxeado, Enrique Reimóndez. 98´E o #cocidopara2 desta semana foise para Roi. Agardamos que o disfrute moito no mesón O Quinteiro. Lembrade que mañán xoves é #díadecocido. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 210224
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.