EPISODE · May 23, 2025 · 1H 48M
A Galería 230525
from A Galería 2.0
#Destacadas: 26´ #Gerundina chegou falando de #citas en #aldeas, dos nomes dos animais como canta Bob Dylan, do incio de "100 años de soledad" de Gabriel García Márquez... 31´ #DinamizandoRural Marisé García convidou a @Juan Carlos Pérez de Aldealista, unha app para atopar a túa #aldea, #vila... ideal. 63´ Sarabela Teatro ofrécenos esta noite ás 20:30hrs. no Teatro Principal A Estrada A Estrada Cultura, a súa montaxe de #MadeInGaliza de Séchu Sende. Unha peza con moito humor, tenrura, retraca... sobre a lingua galega onde, entre outras, anímanos a falar en galego "incluso en público". Tivemos a sorte de ter con nós a Fina Calleja que se encargou da dirección e da dramaturxia xunto a Fernando Dacosta. 72´ E cousas da vida... xusto cando chamamos a Fina Calleja para falar de teatro soubemos da triste nova do falecemento dun dos máximos exponentes musicais do país e moi vinculado ó teatro e ás artes escénicas: Piti Sanz. Dende aquí a nosa pequena homenaxe e... 3, 2 1... partiu! 80´ Sabedes a diferenza entre "lote" e "feixe"? #Gerundina explicóunolo hoxe tende como referencia ó #RFIMC a #RealFederaciónInternacionalMediciónCousas. Xa despois fixo o sorteo e Rosa Maria Perez Sande levou as 50 rifas para o sorteo dunha viaxe a #PuntaCana cortesía da #comisiónSanPaio25. 92´ Pedro Pérez falounos e recomendounos a peli Antes de Nós. O filme sobre Castelao que hoxe se estrea en toda España e como non, tamén aquí, en Minicines Central. Unha peli que conta dous momentos da vida de #Castelao xunto a #Virxinia e con moita vinculación ó Concello A Estrada. E por outro lado tamén nos contou algo máis sobre o libro que vai publicar sobre os #TeleClub do Concello A Estrada: historia, anécdotas, grupos de teatro, música... Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 230525
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.