EPISODE · Sep 30, 2024 · 1H 56M
A Galería 300924
from A Galería 2.0
#Destacadas: 27´ A #AsociaciónDefensaValDoLiñares recolleu máis de 2.000 quilos de basura no río Tabeirós, entre Sandán e Xerlís. María Jesús Goldar contounos que atoparon ferralla, tubaxes, roupa, restos animais… Trátase dunha iniciativa que se desenrola por toda Galicia e vai xa pola 17ª edición: #MóllatePolosRíos Proxecto Ríos Iniciamos as colaboracións para este tempada e durante esta semana iremos saúdando a todas as persoas que se suman #agalería. 39´ Hoxe, compartindo espazo cada 15 días, estivo con nos a Ofelia Mato Ribadavia de Elegal https://e-legal.es/ Comezamos falando dos cambios na contratación de #persoal para labores domésticas, nas novidades na normativa para #vehículosclásicos ou na fiscalización das vendas de productos de segunda man en #wallapop, #vinted… 64´ Volta tamén o espazo sobre #DereitosObrigasConsumidores e volvemos ter por aquí a Ana Maria Cores Meixus e Kim Llobet para falarnos das novidades e tamén para atender as vosas dúbidas e axudarvos e asesorarvos si tedes problemas con algún producto que mercastes, por algún servizo contratado… e hoxe convidamos a Gabriel Alen Castro, #DirectorXeral de #ComercioConsumo da Xunta de Galicia Consellería de Emprego, Comercio e Emigración 100´ Rosa gañou o sorteo do concurso de Calpep bebé: 50€ para gastar na súa tenda do #PolígonoToedo ou dende o seu comercio on-line https://calpepbebe.es/ Moitas grazas a todas e todos por participar e como non, moitas grazas tamén a Calpep bebé por participar no noso programa e confiar en Radio Estrada para comunicarse con vós. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Galería 300924
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.