EPISODE · Apr 13, 2016 · 1H
A nosa directora, Alicia López e o gravador Xosé Poldras, presentan "Luva Negra":poemas e gravados, a beneficio de MSF.
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Este sábado no Sombreiro presentamos o Proxecto Solidario "Luva negra", unha colaboración artística entre a nosa directora, a escritora e poeta, Alicia López, e o gravador Xosé Poldras, a beneficio de Médicos sen Fronteiras. O traballo artístico consta de 9 estampas -poemas e gravados-, presentados nunha carpeta en edición de coleccionista, parte de cuxos beneficios irá destinada a esta ONG. Será presentada polos autores e contará coa presencia de María Díaz, delegada en Galicia de Médicos sen Fronteiras, coa que a nosa directora mantén unha estreita colaboración a través do noso programa dos sábados. O espíritu do proxecto é poñer as artes ao servicio desta ONG de carácter humanitario, para que poidan seguir a traballar na actual crise dos refuxiados en Europa. Haberá unha convocatoria aberta a medios, co que agardamos que esta causa chegue a toda a cidadanía. Agardámosvos o vindeiro xoves, día 14, no Salón de Actos de "El Correo gallego", na rúa Preguntoiro, 26, aquí en Compostela. Asimesmo presentaremos a tese de doutoramento do noso convidado, Xosé Poldras, que versa sobre a relación da contística tradicional e as funcións de Propp cos "Caprichos" de Goya, unha interesantísima reflexión que vos recomendamos escoitar, na voz do seu autor, nesta maña de sábado. O programa continúa coas súas seccións habituais, "A Fenda", na voz e produción da nosa colaboradora Carol Bret, quen escolle, desta volta, a gran Juana de Ibarbourou. No "Marcapáxinas", Manuela Arcos e Manuel Fernández, únense para achegarnos as mellores recomendacións literarias.
Embed this episode
NOW PLAYING
A nosa directora, Alicia López e o gravador Xosé Poldras, presentan "Luva Negra":poemas e gravados, a beneficio de MSF.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.