A Punta da Navalla 4. "Culturgal 2016" (decembro 2016)
from A Punta da Navalla
Neste 4º programa iremos até o Culturgal que se celebrou a pasada fin de semana en Pontevedra. Na 1ª parte do programa entrevistaremos aos autores do libro Repente Galego que se presentou no mesmo Culturgal e que estivo financiado pola Asociación Oral e a Deputación de Pontevedra. Falaremos cos autores Ramon Pinheiro e Serxio de la Ossa que nos contarán cousas interesates sobre o libro. Tamén falaremos despois co profesor Sechu Sende, que nos contará como evoluciona o proxecto Regueifesta coa implementación da materia Regueifa e improvisación oral no instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces. Para rematar o noso paso polo Culturgal fixemos unha pequena porfía coas regueifeiras bravas Alba María, Sara Marchena e Esther Porrit e mais o propio Sechu Sende... Na 2ª parte do programa, na nosa sección Desafío ao fío, reproduciremos unha enchoiada ou desafío a modo de "rezada" entre os nosos colaboradores dende a Costa da morte, Lupe de Montecelo e Óscar de Carballo. E para rematar contaremos coa nosa colaboradora da parroquia de Valadares, Carme, que nos trae unha copliña dedicada ao Centro Cultural e á propia parroquia... A ver co que nos sorprende!! Agardamos que vos preste!!!
Embed this episode
No transcript yet.