EPISODE · Sep 23, 2012 · 29 MIN
A REVOLTA contra o encoro de CASTRELO DE MIÑO
from A GALIZA e o GALEGO
O conflicto ocasionado polas expropiacións de terreos agrícolas do val do Miño, co fin de construir o encoro de Castrelo a meiados dos anos 6o, foi complexo. No conflicto de Castrelo de Miño houbo participación, no plano da legalidade, de importantes sectores sociais do conxunto de Galicia, o que se advirte na consulta hemerográfica. Varios avogados (Nemesio Barxa, Amadeo Varela e outros) manifestáronse amparados polo seu colexio proficional. Tamén deron testemuña do punto de vista crítico algúns cregos dos entón chamados progresistas. A Hermandad de Labradores e a Cámara Agraria foron lugar de asembleas e debates. No plano da loita ilegal, alén dos panfletos, fixéronse pintadas e manifestacións de diferente tipo. Constituíronse focos de resistencia nos que participaron, alén dos labregos, mestres procedentes das antigas Mocedades Galeguistas e da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense). Non foi alleo a todo isto Eulogio Gómez Franqueira, o controvertido ideólogo e impulsor do cooperativismo agrario na provincia de Ourense. Os Tercios de Asalto (así se chamaron a eles mesmos algúns activistas labregos) exerceron a violencia de baixa intensidade polo que resultaron presos, xulgados e condenados.
Embed this episode
NOW PLAYING
A REVOLTA contra o encoro de CASTRELO DE MIÑO
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.