EPISODE · Nov 13, 2011 · 56 MIN
A VIDA É OUTRA COUSA - SISTEMA ELECTORAL - 8 NOVEMBRO 2011
from Podcast A VIDA É OUTRA COUSA
Atopámonos en tempo de eleccións. Escóitanse voces dicindo que senten cansancio, indignación e que desexan un cambio. Pero todas preguntan: ¿Como? ¿Pódese cambiar algo exercendo o noso dereito ao voto? É fundamental coñecer a lei electoral e como se reparten os escaños: ¿Para que serve o teu voto? ¿Qué é o voto en branco, o voto nulo e o voto válido?, ¿serve a abstención,? ¿é útil votar a un partido minoriatrio procurando o cambio? Coa vontade de buscar unha resposta a estas cuestións convidámosvos a pasada noite do dia 8 de novembro a un programa adicado ao sistema electoral. Nel comentamos a situación actual, o desexo e a necesidade urxente dun cambio verdadeiro e informamos sobre a lei electoral; para coñecer as regras do xogo e a situación de “trampa electoral” actual. Como invitados estiveron con nós no estudio: Alfredo Losada [avogado] Filipe Diez [blogueiro de análise política] alén de dous colaboradores habituais de CUAC FM, o sr Garou e Pablo.
Embed this episode
NOW PLAYING
A VIDA É OUTRA COUSA - SISTEMA ELECTORAL - 8 NOVEMBRO 2011
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.