EPISODE · Nov 10, 2018 · 59 MIN
A Xanela das fucas Nº 12
from A Xanela das Fucas
A Xanela das Fucas hoxe convida a un grupo de mulleres que realizaron un calendario para recaudar fondos para a investigación aredor da biopsia líquida. Desbordan vitalidade , ilusión e desexo de que este tipo de investigación abarque o maior numero posible de persoas. Nos relatan como se encontraron e como iniciarón este proxecto, despois de outros anos facer outro tipo de accions. A biposia líquida, tamén coñecida como biopsia de fluído ou biopsia en fase fluída, é unha proba análitica que se realiza nunha mostra de tecido biolóxico non sólido, principalmente sangue. O Grupo de Oncoloxía Médica Translacional ( Oncomet) queren desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores a través de mostras de sangue (Biopsia Líquida) de doentes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos cales se produce a metástase ou se activan resistencias aos distintos tratamentos. En concreto, buscan marcadores que acheguen información sobre o mellor tratamento a escoller e en que momento os doentes deixan de responder ao referido tratamento. Procuran tamén marcadores que permitan diagnosticar a doenza en estadios temperás, cando as opcións de cura dos doentes son maiores. Calquera doente con cancro pode beneficiarse dos resultados deste proxecto. O coñecemento xerado por este proxecto pódenos fornecer evidencias para, adiantármonos na diagnose ou para tratarmos a doenza en estadios máis temperás, ou para a selección de tratamentos Toda a información será de gran utilidade para facer a medicina de precisión en oncoloxía unha realidade. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana Belén López Verez, Convidadas: Como participantes no calendario: Aurora Beceiro , Mª del Mar Santiago Pérez, Amelia Seijas Díaz, Eyda L. Osorio, Mónica Fernandez Bellas Como observadoras: Sara Díaz Lamas, Eva Tizón Bouza. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, de (Nicola Piova) ; Mujer de las mil Batallas ( M. Carrasco); Vivir ( Rozalen e Estopa).
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das fucas Nº 12
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.