A  Xanela das Fucas  Nº 14  ( 13-12-2018) episode artwork

EPISODE · Dec 15, 2018 · 59 MIN

A Xanela das Fucas Nº 14 ( 13-12-2018)

from A Xanela das Fucas

Resumen do programa nº 14.- (13-12-2018) A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres de Vigo que iniciaron un proxecto onde recollen historias de mulleres de distintos lugares do mundo. Partiron das redes sociais, como os distintos hashtags que proliferaron nos últimos anos. Lémbrase como este medio, nos últimos meses, foi un dos motores do feminismo. #Me Too, #As Feministas Queremos e # Cóntao serviron para dar voz e empoderar de forma colectiva a moitas mulleres. Como sinala Cristina Fallases: "É moi importante deixar claro que son mecanismos de comunicación conxuntos que nos roubaron. Recoñécesche na outra persoa e maniféstasche conxuntamente. De aí a utilidade destas etiquetas. A conciencia de clase existe ata que a borras. A conciencia de xénero directamente non existía". Sonia e Verónica parten dun grupo Mulleres femininas valerosas e solidarias, de distintos lugares do mundo que iniciaron unha recollida de historias de mulleres que neste momento están a lle dar forma nun libro que se chamará Mirada de Muller . Cóntanos como iniciaron o proxecto e a boa resposta que está a ter, teñen mais de 150 historias e xa lle piden que fagan un segundo libro. Son mulleres optimistas e con a derminación de que a palabra de distintas mulleres queden plasmadas nun libro que se distribúe en todo o mundo. Compartimos o audio que relata a experiencia de “O que calamos as mulleres” proxecto que chega desde o outro lado do Atlantico. Recolle diferentes relatos por medio audiovisual que anualmente se renovan. Tamén nos facemos eco do primeiro informe que Unicef realiza exclusivamente sobre a infancia en Galicia. Nun ano 283 menores galegos, dos que a maioría, 193, son nenas, foron vítimas de violencia no ámbito familiar. Trátase de violencia de todo tipo, non só física, pero as autoras do informe lamentan que no sector sanitario e educativo haxa un descoñecemento dos protocolos e follas de notificacións de sospeitas de malos tratos, o que permitiría facilitar o labor de prevención. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Monserrat Cendán Veréz, Laura Couto Vilches, Sonia Fernadez Bellas, Ana Belén López Verez, Eva Tizón Bouza Convidadas: Sonia Castiñeira Ramirez e Veronica Taboada Iglesias Audio: Lo que callamos las mujeres. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, de (Nicola Piova) ; Supermujer(videclip oficial) ( Georgina ) ; Llegaremos a tiempo (videoclip oficial) ( Rosana ).

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Dec 15, 2018

Embed this episode

NOW PLAYING

A Xanela das Fucas Nº 14 ( 13-12-2018)

0:00 59:35

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A Xanela das Fucas?

This episode is 59 minutes long.

When was this A Xanela das Fucas episode published?

This episode was published on December 15, 2018.

Can I download this A Xanela das Fucas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!