A Xanela  das Fucas (  Nº 16)  3-1-2109 episode artwork

EPISODE · Jan 4, 2019 · 1H

A Xanela das Fucas ( Nº 16) 3-1-2109

from A Xanela das Fucas

Resumen do programa nº 16.- (3-1-2019) A Xanela das Fucas no primeiro programa do novo ano, convida a Belén Fernández Suarez , quen nos presentara a última edición da revista Atlánticas. Revista Internacional de Estudos Feministas, onde se analiza a prostitución como aquela forma de dominación patriarcal dos homes ás mulleres, un mecanismo que posibilita o desexo masculino impóñase mediante unha transacción económica que forma parte do continuum de depreciación das mulleres e de negación e invisibilización da súa subjetividad (sexual) como explica Beatriz Ranea na presentación deste monográfico. Deste xeito, a sociedade e os varóns concretamente consideran ás mulleres como obxectos e non como suxeitos de dereito, onde a prostitución se reformula como un escenario de reconstrución patriarcal para os homes, tanto individual como colectivamente. Un Estado que normaliza a prostitución como ¿traballo sexual? deixa de actuar en favor da igualdade de oportunidades das mulleres en situación de maior desventaja social porque para estas aparecerá a prostitución como unha alternativa (Gimeno, 2012). Cando falamos de prostitución temos que facer referencia ao concepto de interseccionalidad porque as mulleres que exercen a prostitución son de diferentes nacionalidades e dunha clase social baixa. Dicimos mulleres porque o 91,31% foron mulleres, o 5,13% transexuais e o 3,56% homes (Ranea, Beatriz, 2018, p. 2) que carecen de dereitos e protección sociais. Deste xeito, na prostitución está presente a feminización da pobreza. O término interseccionalidad comezou a popularizarse nos ámbitos académico e xurídico a finais dos anos oitenta. Cabo destacar, nese sentido, un artigo de Kimberlé Crenshaw (1989) no que analizou críticamente algunhas decisións xudiciais que, por razóns procesales, negáronse a tomar en consideración unha serie de demandas presentadas desde unha perspectiva conxunta de xénero e de raza. A revista divídese en cinco artigos, dúas entrevistas, en notas de investigación, tres artigos de temática libre e catro apuntas de libros. Belen deixounos con ganas de falar dos outros monográficos o referido a Economía e o que aborda a Educación ….. Tes que voltar……. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Sonia Fernandez Bellas, Ana Belén López Verez, Como visitante: Ana Convidada: Belén Fernández Suarez A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, de (Nicola Piova) ; Rebel Girl de ( Bikini Kill); Brujas de (Princess Nokia); Ni una menos de (Chocolate Remix)

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Jan 4, 2019

Embed this episode

NOW PLAYING

A Xanela das Fucas ( Nº 16) 3-1-2109

0:00 1:00:03

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A Xanela das Fucas?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this A Xanela das Fucas episode published?

This episode was published on January 4, 2019.

Can I download this A Xanela das Fucas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!