EPISODE · Jan 10, 2019 · 1H 1M
A Xanela das Fucas Nº 17 ( 10-1-2019)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 17.- (10-1-2019) A Xanela das Fucas ante os feitos sucedidos nos últimos días dicimos atoparnos e realizar un programa para abordar o sucedido en Andalucía. Todas pensamos que esta páxina da historia xa a tiñamos superada , pero escoitamos que a envellecida clase media masculina saíu das cloacas e aparece para lanzar mensaxes de medo apelando á unidade de España e un estado libre de corrupción . Escoitamos audios de distintas intervencións de representantes de VOX. Propoñen un cambio , pero volver ao pasado non é un cambio é retroceder. Volver á familia tradicional é volver á desigualdade dunha muller subordinada dentro do fogar, para que tivese o fogar do obreiro da industrialización , ou do campesiño, suxeitos a unha férrea disciplina nos seus medios laborarles, se lles recompensába cunha orde de dominio en casa sobre a muller, e cun certo benestar baseado nos coidados gratuitos que estas proporcionaban . Realizan unha exhibición da defensa dos touros e a caza como formas de masculinidad e ridiculizan posturas que defenden posturas contrarias. En moitos momentos envolven o discurso dunha forma que non todos os argumentos poden ser entendidos como reaccionarios sen deconstruirlos pacientemente . Tamén falsean datos, que cando son rebatidos, repiten insistentemente co afán de converter en verdade a base da repetición non da argumentación . Malia todo logramos, en varios momentos rirnos e rematar con esperanza , que se cultiva co esforzo do día a día , en liberdade, como antídoto do medo. “A vida non e fácil para ningún de nós. Pero . ¡ que importa ¡. Debemos perseverar e ter confianza en nós mesmos”. Marie Curie Audios: Vox en estado puro, Entrevista a Rocio Monasterio. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Sonia Fernandez Bellas, Ana Belén López Verez, Como visitante: Sara Díaz Lamas A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, de (Nicola Piova) ; Back to Black (Amy Vinehause) ; Malamente ( Rosalia).
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas Nº 17 ( 10-1-2019)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.