EPISODE · Dec 26, 2019 · 1H
A Xanela das Fucas nº 32 ( 26-12-2019)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 32 - (26-12-2019) A Xanela das Fucas, aborda, con motivo da presentación do documental Amar en Liberdade en Ferrol, o poliamor e as relacións non monógamas, un concepto que colleu forza nos último anos, pero que segue sendo en certos aspectos bastante tabú. Os 'millennials' e os académicos cuestionan cada vez máis o mito do amor romántico e exclusivo. ¿Vai a monogamia camiño de converterse en algo anticuado?.. Persoas expertas e profesionais da materia explícannos como se xestionan este tipo de relacións e que ferramentas son útiles para tratar temas como os ciumes, o tempo, o sexo, entre outros. A través dos seus testemuños, iremos coñecendo máis a fondo o mito do amor romántico, a monogamia e o papel da muller na mesma. Conversamos con Xudit Casas, a autora, unha muller polifacética licenciada en Comunicación Audiovisual e Periodismo que se define como moi tímida, con unha voz que te acaricia e non queres que deixe de facelo…….. Convidada: Xudit Casas Fucas que participan: Eva Tizón Bouza. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; ¿Que terá o LK? (Sacha na horta); Busco amante galego falante (Sacha na horta); Mareas Vivas ( Mercedes Peón); Tua nai é meiga (Uxía).
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas nº 32 ( 26-12-2019)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.