EPISODE · Sep 3, 2020 · 1H 1M
A Xanela das Fucas Nº 39 (3-9-2020)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 39 - (3- 9--2020) A Xanela das Fucas convida a Mho Dueñas, artista de Martorell que xunto con outros 29 creadores participarán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol. Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell. Nesta edición ten previsto repintar un dos seus traballos anteriores entre o xoves e o domingo. A nova creación quere facer reflexionar ao espectador sobre as mulleres como obxecto de intercambio ao longo da historia. Dueñas participa desde 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez. Durante a entrevista falounos de moitas cousas e tamén compartiu as súas experiencias cunha muller nova, Seara, que este ano iniciou as súas clases de pintura ... .. Mho non deixes de vir todos os anos e aporta as túas reflexións sobre a arte, sobre as mulleres e sobre a vida ... Convidadas: Mho Dueñas , Seara Ventueira Fdez Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizón Bouza A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; I put a spell on you (Angelina Jordan ); Na Szczycie ( Grubson ); Lost on you (LP Song 2016); Tempestades de sal (Ses).
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas Nº 39 (3-9-2020)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.