EPISODE · Mar 6, 2021 · 57 MIN
A Xanela das Fucas nº 47 ( 4-3-21)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 47- (4- 3-2021) Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa e todas as Fucas. A Xanela das Fucas quere estar presente para conmemorar o 8 de Marzo e dar conta do que acontece nesta data na comarca de Ferrol . Dende tres colectivos enviaronos mensaxes para por de manifestó a importancia de dita data: Fuco Buxan, Alvixe, Mulleres migrantes. Este ano acompáñannos unhas circunstancias excepcionais que, a pesar de todos os falecementos que ocasionou, puidemos recoñecer e valorar aqueles traballos e/ou empregos que resultan esenciais para poder desenvolvernos, os relativos aos coidados, os cales son exercidos na súa gran maioría por mulleres e, en moitos casos, mulleres migrantes. Neste sentido, o Concello de Ferrol e as institucións acordaron homenaxear este ano ao Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que esta decisión pode ter transcendencia para que a opinión pública valore o traballo realizado por un colectivo altamente feminizado, desde Fuco Buxán consideramos que esta homenaxe non pode quedar no plano simbólico, senón que é necesario que se materialicen unhas condicións laborais dignas e que a súa profesionalización encádrese en servizos socio-sanitarios. Noutra orde de cousas, neste 8 de marzo de 2021, faise preciso repasar a xenealoxía feminista e lembrar que este día non é simplemente o 8M ou o día da muller, senón que é o Día Internacional da Muller Traballadora. A discriminación en base ao sexo é a que atravesa á metade da poboación e, neste día, esa connotación de clase, clase obreira e traballadora, debe estar presente na nosa linguaxe. Neste sentido, cabe repasar os puntos da axenda feminista para facer efectivo o dereito das mulleres para vivir unha vida libre de violencias machistas. Así, estes puntos son o dereito para as mulleres de decidir sobre os seus propios corpos (saúde sexual e reprodutiva), a abolición da pornografía, da prostitución e dos ventres de alugueiro, educación afectivo-sexual, dereitos de conciliación e corresponsabilidade e, como propugna o movemento e a teoría feminista, os coidados como eixo central das políticas públicas. Todo iso implicaría a abolición do xénero como mecanismo de opresión. Audios: Diversos audios da celebración do día internacional do 8M . Poemarío de Alejandra Fernandez, na Complutense. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Respect ( Aretha Franklin) Dale marcha al 8 M (Coro de mujeres Malvaloca)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas nº 47 ( 4-3-21)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.