EPISODE · Apr 8, 2021 · 1H 3M
A Xanela das Fucas nº 49 (8-4-2021)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 49- (8 4-2021) Comenzamos o programa presentando unha sección que realizará Alvixe. Acude Mª José Pena Garcia, coma vicepresidenta que nos relata a orixe desta asociación e cales son o seus fins. Tamén convidamos a Lola Ferreiro Díaz para conversar con ela do seu último traballo . Coméntanos que en novembro do ano pasado despois de ver un documental con motivo do 20 N, fixo unha reflexión inmediata: se os anarquistas foron ninguneados pola historia oficial (da esquerda), imaxina as anarquistas. E como é de xustiza democrática identificar e reparar a antedita invisibilización dentro do proceso de recuperación da memoria histórica, decideú dedicarlles (a elas) o calendario deste ano 2021. Ao longo da pescuda que fixo na procura de nomes e datos confirmou o que xa supoñía: moi pouco material e, en ocasións, nin sequera unha foto que nos permitira verlle a cara a algunhas delas. Tal é o caso (entre as que aparecen no calendario) de María Bello Paz, María Otero González e Alicia Dorado Viso. Entre as (escasas) fontes das que puido tirar datos sobre elas destaca a obra de Carmen Blanco García, Casas anarquistas de mulleres libertarias (A resistencia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936), publicado pola CNT en 2007. Ela foi pioneira na investigación sobre as libertarias galegas resistentes fronte ao fascismo e logrou identificar e obter algúns datos sobre 22 mulleres afiliadas á CNT, FAI e/ou Xuventudes Libertarias que xogaron un papel fundamental na resistencia habilitando casas-refuxio para acoller persoas perseguidas, as máis das veces nas súas propias vivendas, e algunhas veces con militancia non libertaria. Isto último debe ser destacado como trazo da súa xenerosidade e ausencia de sectarismo, tendo en conta que puxeron en risco a súa liberdade e mesmo a súa propia vida, perdendo ambas as dúas en moitas ocasións. Aportounos tanta información, incluso despois de rematar o programa, que nos sentimos en debeda con ela para que todos estos datos saian a luz. . Fucas que participan en directo: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Ana Belén López Verez, Eva Tizón Bouza. Convidadas: Lola Ferreiro Díaz , Mª José Pena García. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Rexurdimente (De Vacas) ; Roses Blanques ( Lluis Llach); Co xenio destrozado) (Ses).
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas nº 49 (8-4-2021)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.