EPISODE · Apr 22, 2021 · 1H
A Xanela das Fucas nº 50
from A Xanela das Fucas
Cada 22 de abril conmemórase o Día Internacional da Terra. Unha data de encontro para reflexionar sobre o impacto do ser humano no planeta. Cada ano, o mundo perde 10 millóns de hectáreas de bosques; unha extensión similar a Islandia. Non hai que esquecer que os ecosistemas sans axúdannos a protexernos das enfermidades porque a diversidade de especies fai máis difícil a propagación de patógenos. "Recuperemos a Terra". Este é o lema elixido este ano. Trátase de todo un chamamento para reducir o impacto das accións individuais de cada un sobre o planeta á vez que nos recuperamos, como especie, da crise sanitaria do covid-19. Hai que aceptar hoxe máis que nunca que todos temos unha responsabilidade como parte da solución Seguindo en contacto coa terra achegámonos aos libros coa proposta que nos fan Ana e Cristina. Son libros divertidos , emocionantes, instructivos e que nos mergullan en mundos con menos prexuízos e de seres humanos mais libres. Grazas porque as vosas propostas Cris e Ana, son xanelas de liberdade. Audios: Día Internacional da Terra, As mulleres que len son perigosas. Homenaxe a Amada Garcia Fucas que participan en directo: Ana B. López Verez, Chelo Carballal Balsa Invitadas: Cristina Sobrino López A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Brincadeira (Camerata Meiga)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas nº 50
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.