EPISODE · May 16, 2021 · 1H 2M
A Xanela das Fucas nº 52 ( 13-5-21)
from A Xanela das Fucas
Programa nº 52 ( 13-5-21) A Xanela aborda o dia das letras galegas adicado a Xela Arias .O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promocion do idioma e cultura de noso. Neste 2021, a RAG, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía en temas, estilo e forma” da que a institución subliña “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”. Celebramos, pois, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, autora dunha escrita singular, transgresora, sincera e comprometida. Homenaxeamos unha muller, a quinta anfitrioa do Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018). A traxectoria de Xela Arias bebe directamente do devir cultural galego dos anos 80 e 90, como poeta, como tradutora, como activista social, como profesional no ámbito da edición. A cidade de Vigo acóllea desde os sete anos e é testemuña das primeiras publicacións en xornais e revistas, da súa participación en recitáis poéticos e do seu activismo cultural. Alí traballa en Edicións Xerais de Galicia, licénciase nas filoloxías Hispánica e Galego-Portuguesa e exerce a docencia en distintos institutos da comarca. Morre subitamente 2003 ocasionando unha fonda conmoción no mundo cultural, que lle redendeu numerosas homenaxes, como a organizada na Cidade Olívica pola Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Como poeta, anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Atreveuse a explorar o diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música e procurou novos espazos para elas en recitais, festivais e outras intervencións. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético, cunha dimensión social e precursora da escritura de xénero. Recordamos a sua frase: "Nos decidimos que facemos coas nosas vidas, ainda que moitas veces pensamos que non" Fucas que participan en directo: Chelo Carballal Balsa, Ana Belén López Verez, Eva Tizon Bouza Audios : Diversos audios relativos a Xela Arias. . A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Intempériateme ( A Banda da Loba)
Embed this episode
NOW PLAYING
A Xanela das Fucas nº 52 ( 13-5-21)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.