A Xanela   das  Fucas   nº 67   ( 3-2-22) episode artwork

EPISODE · Feb 4, 2022 · 1H 5M

A Xanela das Fucas nº 67 ( 3-2-22)

from A Xanela das Fucas

Comezamos o programa dando boas noticias: felicitando ás compañeiras de Alvixe porque a Audiencia Provincial absolve a Beatriz Sextayo Doce dun delito de inxurias a un xuíz, por tachalo de machista , polo seu comportamento no xulgado de Ferrol. Entrevistamos a Antía Pérez Caramés coordinadora do monográfico : Os coidados na encrucillada do cambio social, correspondente ao nº 5 da Revista Atlánticas. Antia e profesora contratada doutora na Facultade de Socioloxía da Universidade dá Coruña e integrante do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento ( ESOMI), así como do Centro de Estudos de Xénero e Feministas ( CEXEF) da devandita universidade. Pertence tamén ao Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega. Doutora en Socioloxía e especializada en Demografía, os seus intereses investigadores céntranse no estudo das migracións internacionais, o envellecemento demográfico e a análise das relacións de xénero e os coidados. Recentemente editou, xunto con Renée DePalma o libro Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super- diversity ( Springer, 2017). No monográfico plántase que os coidados foron un obxecto de interese dos estudos feministas e de xénero desde os seus inicios, sendo unha das principais preocupacións das pioneiras da Socioloxía, pero tendo tamén unha particular relevancia no feminismo dos setenta. Na actualidade, a crise dos coidados, exacerbada pola pandemia de coronavirus, puxo de relevo a vixencia desta temática de investigación na que se entrecruzan diversos paradigmas teóricos e contribucións que interrogan críticamente os cimentos da división sexual do traballo, os fundamentos do Estado (particularmente, do Estado do Benestar) e as políticas públicas. Grazas Antia …polo teu traballo e o teu tempo….e a túa cordialidade….. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas. Eva Tizón Bouza A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova); Culpas (Gaijas) ; Voces de ultratumba ( Chus Taboada); Terra ( Tanxugueiras)

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 4, 2022

Embed this episode

NOW PLAYING

A Xanela das Fucas nº 67 ( 3-2-22)

0:00 1:05:08

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A Xanela das Fucas?

This episode is 1 hour and 5 minutes long.

When was this A Xanela das Fucas episode published?

This episode was published on February 4, 2022.

Can I download this A Xanela das Fucas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!