A  Xanela  das Fucas Nº20  (21-2-2019) episode artwork

EPISODE · Feb 22, 2019 · 1H

A Xanela das Fucas Nº20 (21-2-2019)

from A Xanela das Fucas

A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres, as xa chamadas “mozas do calendario”, un grupo de mulleres, afectadas de cancro de mama, que antes de nadal decidiron fotografiarse dunha forma especial, para realizar un calendario e así conseguir fondos para o proxecto de Oncomet da biopsia líquida. E lográrono …. recadaron 9000 euros, sentense moi orgullosas e á vez agradecidas da solidariedade da cidadanía. Agora a súa loita diríxena ao linfedema, unha acumulación anormal de líquido no tecido brando debido a unha obstrución no sistema linfático. O sistema linfático axuda a combater infeccións e outras enfermidades transportando a linfa a través do corpo. A linfa é un líquido incoloro que contén glóbulos brancos. Trasládase a través do corpo utilizando unha rede de tubos delgados chamados vasos. Pequenas glándulas denominadas ganglios linfáticos filtran as bacterias e outras substancias prexudiciais deste líquido. Con todo, cando os ganglios linfáticos extírpanse ou se danan, o líquido linfático acumúlase nos tecidos circundantes e fai que se inchen. Con maior frecuencia, o linfedema afecta os brazos e as pernas. É máis frecuente nas persoas que recibiron tratamento para o cancro de mama ou cancros que afectan as vías urinarias, a vejiga, os riles, a próstata, os testículos ou o pene. Tamén decidiu acompañalas a Dra. Laura de Paz, xefa de servizo de Oncoloxía do CHUF. Ela aclara varios conceptos e dá recomendacións respecto diso. Cóntanos que en está Área Sanitaria, no ultimo ano, atendéronse 900 casos novos e desenvolvéronse 15.000 consultas. Outra participante Angeles , veu a contarnos o proxecto que se levará a cabo o día 3 de marzo, no pavillón municipal de Neda, un festival benéfico, a favor da investigación no cancro infantil. Falamos de medos, de proxectos, de quen é mais valente para afrontar as dificultades…do pequeno caos que se crea nos domicilios cando se enferma unha das mulleres que os habitan…..e tamén da loita que inician para conseguir que as limitacións de tempo e profesionais que existen para tratar eficazmente o linfedema poida ser impulsado por unha asociación especifica deste tema como xa existe en notros lugares de Galicia. Seguro que o conseguirán…….. Convidadas: Como participantes no calendario: Aurora Beceiro , Dra. Laura de Paz, Mª José Otero Moreiras, Mª del Mar Santiago Pérez, Amelia Seijas Díaz, Angeles Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Ana Belén López Verez, A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; La llave (Pablo Alboran); I Will Survive ( Fundación Juegoterapia); Resistiré (Alaska y el Dúo Dinámico)

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 22, 2019

Embed this episode

NOW PLAYING

A Xanela das Fucas Nº20 (21-2-2019)

0:00 1:00:21

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A Xanela das Fucas?

This episode is 1 hour and 0 minutes long.

When was this A Xanela das Fucas episode published?

This episode was published on February 22, 2019.

Can I download this A Xanela das Fucas episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!