EPISODE · Oct 25, 2015 · 58 MIN
Alejandro Tobar e Antía Veres fálannos de tradución, e Jorge Genó e Vicente Aribú, da súa laboura na Escola Berenguela.
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe traemos ao editor de Hugin e Munin, a prestixiosa editorial dedicada á tradución ao galego de obras, cuxa exquisita escolla, revela o bó criterio de quen está ao fronte, Alejandro Tobar, e todo un equipo de tradutores de primeira orde: falaremos cunha delas, Antía Veres, avalada por unha excelencia profesional que poderedes apreciar lendo "Un amante fantasma " de Vernon Lee. Grazas a ambos! E continuamos con música: os mellores músicos internacionais visítannos esta mañá; Jorge Genó, pianista, acompáñanos en estudio e Vicente Aribú, mestre de guitarra ao teléfono, falarannos das súas carreiras profesionais na Cuba natal, do seu posterior desenvolmemento na Galiza, e a súa incorporación á Escola Berenguela. Todo un luxo ter a músicos deste nivel coma compañeiros! Se queredes experimentar a poesía dun poeta, "Neorrabioso", escoitádeo na voz da nosa colaboradora Carol Bret; xa sabedes quen é? Seguro que si! No "Marcapáxinas", Manuel Fernández sigue de premios e premiados, e Manuela Arcos fecha programa cunha recomendación da que nos lerá algún fragmento...no vindeiro programa! E coma presente para tod@s vós, escoitaremos dous temas interpretados ao piano por Jorge Genó: unha danza cubana do mestre Guerrero e un Estudio de Alexander Scriabin, no seu centenario.
Embed this episode
NOW PLAYING
Alejandro Tobar e Antía Veres fálannos de tradución, e Jorge Genó e Vicente Aribú, da súa laboura na Escola Berenguela.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.