Skip to content
ÁLVARO CUNHAL, O Líder Comunista episode artwork

Apr 3, 2012 49 min

ÁLVARO CUNHAL, O Líder Comunista

from UNIVERSO LUSÓFONO

Álvaro Barreirinhas Cunhal naceu en Coimbra no 1913. No 1935 entrou na clandestinidade polo PCP (Partido Comunista de Portugal) e, en 1936. entra para o Comité Central do PCP, que o envia a España, onde vive os primeiros cinco meses da guerra civil. En 1947, fai unha viaxe clandestina á URSS, Xugoslavia, Checoslovaquia e Francia, a fin de restabelecer as relacións do PCP co movemento internacional. No 1949 foi preso e condenado á Penitenciaria de Lisboa, sendo transferido para a prisión-fortaleza de Peniche no 1958. Dos once anos que estivo encarcerado, foi mantido incomunicado durante catorce meses, e pasou oito en total isolamento. En xaneiro de 1960 consegue fugarse no que constitúe unha das máis espectaculares fugas da historia, por se tratar dunha das prisións de máis alta seguridade de Portugal. En 1961 é eleito Secretário Xeral do PCP, e no 1962 é enviado para o estranxeiro, primeiro para Moscovo, depois para Paris, onde vive clandestino durante cerca de oito anos. Regresa a Portugal tras a revolución de abril do 1974. O 15 de Maio do mesmo ano toma posesión como ministro sen carteira no I Goberno Provisorio. Mantén o mesmo cargo nos II, III e IV Governos Provisorios. No 1975 é eleito deputado á Asemblea Constituinte e até 1992, altura en que se afasta do cargo de Secretário Xeral do PCP, é eleito deputado á Asemblea da República, por Lisboa, en todas as eleicións lexislativas (1976; 1979; 1980; 1983; 1985; 1987). Dirixente moi carismático e con grande autoridade entre os militantes do PCP, a súa opinión foi tida sempre moi en conta, aínda cando xa estaba retirado da política activa. O 13 de xuño do 2005 faleceu en Lisboa, e ao seu funeral acudiron máis de 250.000 persoas.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

ÁLVARO CUNHAL, O Líder Comunista

0:00 49:32

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of UNIVERSO LUSÓFONO?

This episode is 49 minutes long.

When was this UNIVERSO LUSÓFONO episode published?

This episode was published on April 3, 2012.

Can I download this UNIVERSO LUSÓFONO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.