AROUSA NOTICIAS 01 04 26
Vilagarcía e Cambados conmemoran o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo con accións institucionais para visibilizar as reivindicacións das persoas que sufren este trastorno e facilitar a súa inclusión. A Policía Nacional da por pechada a macro operación contra o narcotráfico con orixe en Ceuta na que foi detido na Lomba un veciño de Vilagarcía xunto con case unha trintena de persoas. O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento xeral das aves de corral que pero O Salnés sigue como zona de alto risco ou vixiancia. Vilagarcía impulsa unha campaña de sensibilización contra a violencia machista no ámbito do deporte con camisetas na Vilagarcía Basket Cup-Helena Mariño. Meaño finaliza as labores de desbroce e limpieza da ruta do Río da Chanca cara as visitas en Semana Santa. O Grove recibirá 179.000 euros dentro dos fondos que lle corresponden do Plan +Provincia para a contratación de 17 operarios de reforzo nos servizos municipais. Ferido leve un ciclista tras unha colisión contra un vehículo nas proximidades do sendeiro de Pedras Negras, en San Vicente.
Embed this episode
No transcript yet.