Skip to content
AROUSA NOTICIAS 03 03 26 episode artwork

Mar 3, 2026 18 min

AROUSA NOTICIAS 03 03 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

Comportamentos desiguais do paro nas nosas comarcas con descensos únicamente no Barbanza e en Caldas. O seguimento da folga de médicos de atención primaria convocada polo sindicato Omega mantense nesta segunda xornada de paros nunha media do 6%. Cifra que descende ata o 4% na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A Xunta continúa desenvolvendo en Rianxo as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Arousa para avaliar o impacto dos temporais e a consecuente baixada da salinidade. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, comprométese co patrón maior da Confraría de Carril, a "seguir acompañando ao sector nos retos que afronta" trala situación derivada dos temporais. Saen a licitación as obras de reparación da cubierta do cuartel da Garda Civil de Sanxenxo danada polos temporais cun orzameneto de 205.00 euros A Mancomunidade do Salnés presenta o que será o centro loxístico comarcal "para os próximos 30 anos" que estará operativo a partir de novembro. A veciñanza do Carril verá cumprida en apenas dous meses a tan demandada retirada do centro de transformación eléctrica ubicada debaixo da praza da Liberdade, o lugar de encontro da vila. Ribadumia executa o bacheado en diferentes puntos do termo municipal para garantir "unhas estradas en bo estado e libres de elementos deteriorados" que dificulten a circulación polos rueiros e vías das distintas parroquias. Sanxenxo redobla a súa aposta pola conciliación coa ampliación do plan previsto para o verán e obradoiros en cada período vacacional Vilagarcía convida a reflexionar sobre a gordofobia coa proxección este xoves da miniserie "Réxime" e unha charla coa directora e protagonistas do filme.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 03 03 26

0:00 18:55

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 18 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on March 3, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.