AROUSA NOTICIAS 04 02 26
Tráxica xornada en Meis por un accidente mortal rexistrado no supermercado Froiz do Mosteiro. Falece un home de 36 anos, fillo da propietaria e traballador do mesmo, por intoxicación de monóxido de carbono. Unha nova fase da operación Saona aumenta a 17 as persoas detidas polo doble alixo de cocaína descargado dende un submarino na Pobra do Caramiñal. A Consellería do Mar e as confrarías abordan a situación dos bancos marisqueiros tralas fortes precipitacións das últimas semanas. O BNG levará ao Congreso, o Parlamento de Galicia e aos concellos da ría de Arousa o proxecto da planta de almacenamiento de betún asfáltico que a empresa Betunes Gallegos S.L.U pretende instalar no porto de Vilagarcía. O Grove comeza as obras de reforma integrar da rúa Lepanto coa sinalización da zona e o transporte de materiais. Sanxenxo reparará como obra de urxencia unha focha producida polos efectos do temporal no muro de contención da Avenida de Pontevedra en Portonovo, na subida ao Miradoiro da Peixeira. Vilagarcía celebrará o 20 de febreiro a cuarta edición do (In)fórmate, a Xornada Técnica sobre Formación e Futuro Laboral para orientar ao alumnado sobre a elección dunha carreira profesional.
Embed this episode
No transcript yet.