Skip to content
AROUSA NOTICIAS 07 05 26 episode artwork

May 7, 2026 16 min

AROUSA NOTICIAS 07 05 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

Xornada marcada pola folga do metal que está a ser seguinda por unha ampla maioría dos 30.000 traballadores afectados da provincia en demanda dun novo convenio que mellore as condicións salariais. O servizo de emerxencias municipal de Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo vehículo autoescada que permitirá unha mellora nos rescates en altura, adquirido a través do convenio entre o Concello e a agrupación de Protección Civil. Un total de 87 socorristas despregaranse este verán nas principais praias de Sanxenxo, nalgunhas delas xa desde o próximo mes de xuño, como é o caso de Silgar, Areas, Panadeira, Canelas e Montalvo. A Illa de Arousa proxecta a restauración ambiental do piñeiral do Cabodeiro a través dunha subvención de 58.000 euros de fondos estatais, xestionada pola Consellería de Medio Ambiente. A Mancomunidade do Salnés busca a colaboración da Xunta para impulsar o seu proxecto estratéxico orientado á desestacionalización turística con productos como o Slow Bussines, a oferta Pet Friendly ou a apertura ao mercado chinés. A Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Xunta de Galicia reafirman a súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas a través dun novo convenio por valor de 36.500 euros. Vilagarcía acollerá este sábado o V Torneo Santa Rita de Rugby 7, organizado polo club Os Ingleses, coa participación de 250 deportistas de 18 clubes de Galicia e Portugal.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 07 05 26

0:00 16:43

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 16 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on May 7, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.