AROUSA NOTICIAS 14 07 26
Concello de Vilagarcía e Zona Aberta chaman á participación na mobilización deste xoves para reclamar unha ambulancia medicalizada con base en Vilagarcía todo o ano. A mobilización recibe o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que impulsará unha iniciativa no Parlamento. Segunda xornada de mobilizacións dos traballadores de Correos en Vilagarcía, convocados por CCOOO en demanda de máis persoal para a oficinas de atención ao público situada na rúa Rio. Novas concentraciósn tamén do persoal de MacDonalds en Vilagarcía reclamando á empresa que manteña o calendario laboral acordado para este ano. Vilagarcía adxudica á empresa Moncosa OHS, SA as obras de reforma integral da rede de saneamento na rúa Illa de Ons, na urbanización Burgonova, en Cornazo por importe de 13.100 euros. A Fundación Alfredo Brañas reclama ao Concello a reparación da fonte da praza que leva o nome do insigne pensador galeguista, actualmente sen auga nin iluminación e con pintadas. O dispositivo para o concerto de Juan Luis Guerra mobilizou en Sanxenxo a máis de 6.000 vehículos.
Embed this episode
No transcript yet.