Skip to content
AROUSA NOTICIAS 17 02 26 episode artwork

Feb 17, 2026 17 min

AROUSA NOTICIAS 17 02 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

As celebracións do Entroido previstas para hoxe, Martes de Entroido, e tamén as da fin de semana teñen garantido a ausencia de chuvias. Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido que se agarda multitudinario, con arredor de mil figurantes. A Policía Local recomenda evitar a circulación rodada ao seu paso pola centro da cidade e utilizar as circunvalacións e os aparcamentos disuasorios da rede Vaicar!. Xa na fin de semana, Cambados celebrará o Desfile de Comparsas e Carrozas que o Concello decidiu trasladar para este sábado 20, a partir das 17 horas dende San Tomé e remate en Fefiñáns. Tamén terá lugar, o concerto de Take it Easy na Praza Asorey, en colaboración con Zona Centro En Vilanova, a Festa do Momo será o domingo 22 a partir das 17 horas. O alcalde Gonzalo Duran Hermida, o presentador do evento Xacobe e o Concelleiro de Cultura Javier Tourís deron un avance do desfile no que participarán máis dunha vintena de comparsas e preto de 1.500 persoas. Xunta e Concello de Sanxenxo asinan o convenio para a cesión dunha parcela en Noalla, no lugar de Mourelos, onde se van construir 25 viviendas de protección pública. As obras comezarán a finais de ano e rematarán en 2028. O empresariado de Valga coñece as medidas postas en marcha este ano pola Consellería de Emprego co fin de potenciar a empregabilidade da cidadanía e a competitividade do tecido produtivo. Vilagarcía convoca unha nova edición do premio "Igualdade de xénero, boas prácticas na Escola", que no curso 2025/26 cumpre o seus primeiros vinte anos O PP denuncia a "inacción" do Concello de Vilagarcía e do Ministerio do Interior en relación coa narcocasa situada en Trabanca Badiña. No Grove quedou desartellado un punto de venda de droga tras un ano de investigación por parte das forzas de seguridade. Dous mergulladores do Grove adicados á captura de erizo foron rescatados esta mañá cando practicaban a actividade na praia de Nanín. A Banda de Música de Castrelo ofrecerá o sábado 21 un concerto de música lírica, con fragmentos de óperas, zarzuelas e obras do repertorio galego.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 17 02 26

0:00 17:31

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 17 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on February 17, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.