AROUSA NOTICIAS 17 04 26
Xornada de folga do persoal das grandes empresas do textil e o calzado de Vilagarcía e Pontevedra convocada por UXT e CIG contra o convenio estatal asinado por ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. Vilagarcía promove unha nova edición do programa de formación especializada para quince persoas desempregadas con compromiso de contratación coa empresa Fundivisa. A confraría de Cambados acada resultados record na campaña da volandeira con máis de 1,8 millóns de euros de facturación e 424 toneladas de descargas. Incautados nunha empresa frigorífica de Meaño 10.350 kilos de sardiña irregular, por exceder os topes de capturas permitidas. O Ministerio de Transporte traballa xa nunha nova alternativa á Variante Oeste de Caldas para resolver os problemas de tráfico polo casco urbano cunha menor afección territorial. Sanxenxo celebrará do 1 ao 3 de maio a terceira edición de Portonovo Gastronómico, con tapas de 21 locais e un amplo programa cultural coa implicación dos colectivos da localidade. Vilagarcía celebra este sábado un acto de homenaxe ao xuiz Luis Pando, promovido dende a Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica e O Faiado da Memoria en recoñecemento a un servidor da xustiza executado pola represión franquista.
Embed this episode
No transcript yet.