Skip to content
AROUSA NOTICIAS 17 11 26 episode artwork

Nov 17, 2026 18 min

AROUSA NOTICIAS 17 11 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A Policía Local de Vilagarcía de Arousa detivo a un home como presunto autor dun delito de ameazas graves con arma branca, despois de intimidar a outro cidadán cun coitelo na rúa Brandariz. O aparcamento disuasorio da Escardia, en Vilagarcía, permanecerá pechado durante dous días a partir de mañá para realizar obras de mantemento. Comezan en Sanxenxo e Meaño as obras de mellora da drenaxe e separación de redes pluviais e fecais en tramos de dúas estradas autonómicas ao seu paso por ambos municipios. A campaña dos Bonos de Outono impulsada por Zona Centro e o Concello comezou cunha elevada demanda. Tal como se agardaba, na primeira xornada só quedaron dispoñibles unha cuarta parte dos 500 lotes emitidos. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, valora dende Vilagarcía a “boa nova para moitísima xente” que supón o novo incremento do salario mínimo interprofesional acordado polo Goberno de España. Os candidatos do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra Juan Bayón e Pedro Puy garantiron hoxe en Vilagarcía que "un futuro goberno de Feijóo e do Partido Popular subirá as pensións todos os anos de acordo ao IPC". O Grove volverá a ser, do 26 ao 30 de novembro, sede do Congreso Internacional Micolóxico que organiza o micólogo afincado na localidade Miguel Angel Delgado en colaboración coa Mancomunidade do Salnés. As veladas de boxeo regresan este sábado a Cambados da man do club local Umia con dez combates nos que se disputará o campionato galego neoprofesional en 65 quilos, que actualmente ostenta o cambadés Branyel Suárez.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 17 11 26

0:00 18:35

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 18 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on November 17, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.