AROUSA NOTICIAS 20 04 26
Comezan as obras do Centro de Talasoterapia do Terrón, un proxecto plantexado por primeira vez hai case 20 anos e que por fin comezará a ser realidade a finais de 2027 nun edificio de tres plantas, con dúas piscinas de auga do mar, un circuito termal e un espazo multiusos. Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo estacionamento disuasorio, situado ao carón da Casa Consistorial no solar do antigo Liceo. A nova zona de aparcamentos en Ravella está operativa dende esta mañá cunha capacidade de 100 prazas. O grupo municipal de EU de Vilagarcía denuncia a situación insostible que, considera, afecta ao edificio do Balneario da Compostela e a súa contorna. En Noia, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou esta mañá que no próximo Pleno do Parlamento galego reclamará á Xunta “solucións reais” ante a grave situación do sector marisqueiro. O Salnés reforza o seu posicionamento como destino petfriendly durante a feira de turismo PATA celebrada esta fin de semana na Coruña. A Fundación Provincial Banco de Alimentos pon en marcha a súa segunda Operación Kilo de 2026 o 8 e o 9 de maio. Un incendio urbano rexistrado no exterior dunha vivenda da parroquia de Trabanca Badiña, en Vilagarcía, saldouse, afortunadamente sen danos persoais.
Embed this episode
No transcript yet.