AROUSA NOTICIAS 21 04 26
Concluída a segunda fase da Operación Zaguans, desenvolvida no Barbanza e centrada nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, con sete detencións e importantes cantidades de droga incautada. Fraude no aluguer vacacional: Investígase a un home acusado de estafar un turista ao que lle alugou unha vivenda en Sanxenxo que non estaba dispoñible, utilizando unha identidade falsa. A Mancomunidade do Salnés busca novos recursos que permitan unha maior desestacionalización a través do turismo de autocaravanas cun plan estratéxico que permita ordenar e potenciar na comarca a presencia deste perfil de visitantes. Vilagarcía e Sanxenxo recibirán novas achegas do Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas para acometer melloras nos campos de fútbol municipais. Vilanova volverá a ser sede do Festival da Francofonía que, nesta 15 quince edición reunirá de novo a uns 2.000 estudantes de toda Galicia procedentes de 29 centros educativos, catro máis que o pasado ano. A Fundación GaliciAME celebrará esta fin de semana a súa propia conmemoración do Mes das Letras cunha Feira do Libro Solidaria para seguir recadando fondos destinados a investigación da enfermidade. Vilagarcía clausura este domingo 26 de abril o ciclo musical Achégate ao Salón! co concerto de Gala i Ovidio e entradas esgotadas dende hai semanas.
Embed this episode
No transcript yet.