Skip to content
AROUSA NOTICIAS 22 06 26 episode artwork

Jun 22, 2026 15 min

AROUSA NOTICIAS 22 06 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

Nada máis entrar o verán, xa chega o San Xoan que, ademáis este ano é festivo autonómico o mércores. Concellos e colectivos ultiman os preparativos para a celebración da noite máis longa do ano con chamamentos á prevención e amplos dispositivos de vixiancia. En Vilagarcía prenderanse 345 fogueiras autorizadas polo Concello, tanto a nivel particular como por parte de asociacións e colectivos, quince máis que o ano pasado. En Sanxenxo, tramitáronse 207 permisos para a realización de fogueiras, unha cifra que supón un incremento respecto de edicións recentes coa previsión de asistencia de 2.669 persoas. O BNG de Sanxenxo denuncia os "prexuízos" que está a provocar a reordenación do tráfico implantada polo goberno local na contorna do Paseo de Silgar. As Concellerías de Igualdade e Cultura de Cambados duplican as prazas para os Campamentos de Verán gratuitos iniciados o pasado ano para facilitar a conciliación laboral das familias con crianzas de entre 3 e 12 anos. A Mancomunidad do Salnés inicia unha viaxe institucional e turística a China para avanzar na desestacionalización turística nun mercado emisor con gran potencial como o turismo chinés. Vilagarcía comeza a conta atrás para a romaría urbana Folk no Alobre, organizada pola asociación Pes de Barro en colaboración co Concello, que este ano chega a súa décima edición con cambio de data para o 5 de xullo.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 22 06 26

0:00 15:48

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 15 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on June 22, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.