AROUSA NOTICIAS 26 01 26
Preocupación en Cuntis hai pola subida dos dos cauces dos ríos Gallo e Umia. O desbordamento dun afluente do primeiro, o Regueiro de Calvos, levou a parte da veciñanza da zona a retirar enseres de sus viviendas. O Concello de Pontevedra activou este luns o protocolo de seguridade ante a alerta laranxa por risco de inundacións no río Lérez e a previsión de fortes choivas ao longo da xornada. O sindicato CIG desconvoca por cuestións legais a folga prevista para esta semana en toda Galicia reclamando un convenio xusto, tras desmarcarse do preacordo presentado polo Servizo de Mediación e aceptado por UXT e CCOO. Vilagarcía redacdta o proxecto para arranxar os danos provocados polo temporal na edificación do campo de fútbol Mari Paz Vilas que se usa como almacén e oficina do club Bamio. Meaño e Deputación proxectan a humanización da contorna da Casa Consistorial por 454.000 euros. Vilagarcía concederá 22 premios no desfile-concurso de disfraces e carrozas do martes de Entroido repartindo 7.300 euros entre as mellores máscaras e choqueiros participantes. Cambados abre o prazo para participar no concurso A túa Cara Sóame, que abrirá o entroido cambadés o venres 13 de febreiro ás 22h na Praza de Alfredo Brañas. Aprazada pola chuvia a homenaxe aos cinco vilagarciáns deportados a campos de concentración nazis que o Concello de Vilagarcía tiña previsto realizar mañá.
Embed this episode
No transcript yet.