AROUSA NOTICIAS 27 01 26
A borrasca Joseph sigue en Galicia e continuará alomenos ata o xoves deixando chuvia, vento e neve. En canto as incidencias provocadas nas nosas comarcas pola borrasca Joseph nas últimas horas, foron numerosas pero afortunadamente todas leves. Asimesmo, como era previsible, o Umia desbordou en varias zonas de Meis e Ribadumia, sendo de novo un dos puntos críticos a contorna do Club Náutico O Muíño. Con todo, o maior preocupación sigue estando en Cuntis e Caldas, pendentes dos rios Gallo e Umia. En Caldas, de madrugada desbordou o río Umia anegando todo a contorna de A Tafona e outros moitos puntos da localidade. O subdelegado do goberno, Abel Losada, recrimina á Xunta que non decretase a declaración do nivel 2 de emerxencia e se limitase a facer "tarefas de oficina". Sanxenxo tenta recuperar "certa normalidade" tralo ciberataque con extorsión virtual de 5.000 euros en bitcoins. Persoal de Ciberseguridade do Estado traballan nunha labor lenta que pode extenderse no tempo. Vilagarcía contrata a Citani Arqueoloxía a redacción do proxecto de musealización do parque arqueolóxico do Castro Alobre. En Meis, o antigo consultorio médico de Paradela é dende hoxe un punto de atención de Amicos para prestar axuda ás persoas da localidade e da comarca con discapacidade intelectual cara a súa integración laboral. A Plataforma Sos Sanidade Pública do Salnés fai un chamamento á veciñanza para asistir á manifestación deste domingo en Santiago.
Embed this episode
No transcript yet.