Skip to content
AROUSA NOTICIAS 27 02 26 episode artwork

Feb 27, 2026 18 min

AROUSA NOTICIAS 27 02 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A Xunta de Galicia asegura que está a traballar para atender o cambio de horario do Colexio de Rubiáns, en Vilagarcía, solicitado pola ANPA do centro mediante a implantación do novo contrato en licitación do servizo de transporte escolar para a zona. Vilagarcía renova o seu compromiso coa cultura local tras a reunión de traballo cos organizadores dos dezasete eventos que conforman a marca VGA365. O grupo socialista no Parlamento solicita á Xunta achegas económicas para o sector marisqueiro ante a mortandade de bivalvos provocada pola baixa salinidade que deixaron os últimos temporais. Catoira vai peche dende o mércores o paseo fluvial nas inmediacións do Muíño do Cura para iniciar as obras de substitución dun treito de máis de 50 metros de pasarela. O 62% dos 177 migrantes refuxiados en Sanxenxo desde 2023 lograron un contrato de traballo e 147 recibiron formación como paso previo á incorporación ao mercado laboral. Cambados organiza diversas iniciativas, en colaboración coa asociación Dano Cerebral Galicia e o colectivo de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Salnés, Afasal, para mellorar a vida das persoas doentes e cuidadoras. O concurso A túa Cara Sóame pechará mañá sábado o programa do Entroido en Cambados debido aos aplazamentos provocados polas adversas condicións meteorolóxicas. A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova campaña con motivo do 8 de Marzo baixo o lema "A nosa meta, a igualdade", que pode visibilizarse nun panel instalado ás portas do Pazo Provincial.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 27 02 26

0:00 18:42

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 18 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on February 27, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.