AROUSA NOTICIAS 29 04 26
Investigase sen desbotar ningunha hipótese o falecemento do xoven de 18 anos de idade atopado ferido grave a pasada tarde no río Gafos. Último trámite para que se inicien as obras do novo cuartel da Garda Civil en Cambados: Siepse formalizou o contrato para a execución da obra, adxudicada á Seranco, cun orzamento de 9,3 millóns de euros e 18 meses de execución. Cambados celebra dende mañá o mes adicado ás Letras Galegas que nesta ocasión estenderase ata o 3 de xuño cun amplo programa de 15 actividades organizado pola Concellería de Cultura. O BNG de Meaño denuncia o "progresivo deterioro" da atención sanitaria no Centro de Saúde con listas de agarda de ata 30 días e chama a participar na concentración deste sábado ás 12 horas. Avanzan as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9701 Baión-András, en Vilanova, que están en plena execución, cun investimento de preto dun millón de euros. Un estudo da UPTA determina que o mercado de locais comerciais de menos de 100m2 está tensionado por dinámicas de especulación urbanística. Alumnado e profesorado do colexio Filipense Sagrada Familia de Vilagarcía conciéncianse sobre o perigo dos microplásticos nunha actividade de recollida na praia da Concha. A primeira edición da *Foliada de Abril* organizada pola Asoc. Pésdebarro recolle preto de 150 alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. O PSdG-PSOE de Vilagarcía nomeará a Manuel Barreiro como Militante de Honra 2026 na celebración anual da Agrupación que terá lugar o 30 de maio.
Embed this episode
No transcript yet.