AROUSA NOTICIAS 30 03 26
O novo Plan de asfaltados de Vilagarcía prevé actuar noutras trece vías rurais e urbanas, en base ás demandas trasladadas pola veciñanza, cun investimento de 550.000 euros. As prazas de abastos municipais de Vilagarcía e Vilaxoán abrirán o 2 de abril, día de Xoves Santo. O goberno de España iniciará despóis de Semana Santa a reparación do asfalto en todo o trazado provincial da N-550, incluíndo o tramo urbano de Caldas de Reis. Sanxenxo comeza as obras de reforma do edificio Multiusos de Portonovo para converterse na nova sede de Servizos Sociais, con aula de estudos, escola de adultos e un amplo salón de actos. Ribadumia acolle esta Semana Santa a fase previa do torneo Arousa Fútbol 7 que chega este ano á 29 edición, con 65 equipos de toda Galicia, o norte de España e Portugal. Tamén o deporte encherá Vilagarcía esta Semana Santa con media ducia de torneos que ata o 5 de abril reunirán a uns 3.000 deportistas en competicións de baloncesto, fútbol, fútbol praia e remo. A librería Planeta Mozo de Vilagarcía acollerá este mércores 1 de abril ás 20:00 horas un coloquio e presentación do libro “Emprender (a) contracorriente”, de Lorena Gutierrez Fernández.
Embed this episode
No transcript yet.