EPISODE · Nov 15, 2014 · 53 MIN
Comando Esbardalle e Luz Fandiño no Sombreiro!
from Podcast O Sombreiro de Merlín
O Sombreiro convida este sábado ao colectivo "Esbardalle", reunión de poetas e músicos con fins artísticos e sociais, que veñen desta volta, acompañados pola poeta Luz Fandiño; o colectivo visitara xa con anterioridade os nosos estudios de Radio Obradoiro, e novamente ofrécennos unha timba poética improvisada onde participan Aurora Abelairas, Luis Kaaf, Pedro Casaio, Vidal e Morti,; esta última acompañará algúns dos poemas recitados cos sons da súa guitarrra. Esbardalle está a gravar nestes intres un CD, onde incluirán algúns dos poemas que poderemos escoitar esta mañá; tanto os versos como a música que atoparemos no Cd son creación propia destes artistas. Facemos unha mención especial á presenza de Luz Fandiño entre nós, quen recitará varios poemas incluidos en "O pracer de envellecer" aparte de compartir con nós a súa persoal visión da vida.
Embed this episode
NOW PLAYING
Comando Esbardalle e Luz Fandiño no Sombreiro!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.